CONGALSA, empresa referencial no sector alimentario e pesqueiro galego, comezou o ano facendo un balance da súa actividade recente e enumerando algúns dos principais fitos dos últimos meses. Fíxoo no transcurso da tradicional xuntanza co persoal da compañía organizada na Fieiteira (Ribeira) pola empresa da Pobra do Caramiñal, unha cita na que tamén se fixo […] CONGALSA, empresa referencial no sector alimentario e pesqueiro galego, comezou o ano facendo un balance da súa actividade recente e enumerando algúns dos principais fitos dos últimos meses. Fíxoo no transcurso da tradicional xuntanza co persoal da compañía organizada na Fieiteira (Ribeira) pola empresa da Pobra do Caramiñal, unha cita na que tamén se fixo
CONGALSA, empresa referencial no sector alimentario e pesqueiro galego, comezou o ano facendo un balance da súa actividade recente e enumerando algúns dos principais fitos dos últimos meses. Fíxoo no transcurso da tradicional xuntanza co persoal da compañía organizada na Fieiteira (Ribeira) pola empresa da Pobra do Caramiñal, unha cita na que tamén se fixo un adianto dalgúns dos principais retos futuros. Entre os datos máis destacados do balance figura o incremento da facturación, dunha taxa do 14%. Ademais, a empresa confirmou a apertura doutra factoría na Pobra, tal e como adiantamos dende este medio hai agora un ano facendo referencia á operación de compra de solo.
Na gala, a dirección de CONGALSA anunciou tamén que en 2024 a facturación chegou aos 173 millóns de euros. Neste importante fito foi decisiva en boa medida a compra da firma Yatecomeré. Polo que respecta ao equipo profesional, situouse nas 832 persoas. No que atinxe á folla de ruta para este ano que comeza, CONGALSA abrirá como dixemos unha nova factoría na Pobra, centrada en alimentos conxelados gourmet, que levará consigo un investimento de máis de 20 millóns. No transcurso da cita celebrada na Fieteira entregouse o Premio Ramón Doval, que distingue a traballadora ou traballador de CONGALSA que destacase por valores como o compromiso coa empresa, a ética, o traballo en equipo ou o espírito sustentábel. Desta volta a persoa agraciada (elixida tras votación interna do equipo humano de CONGALSA) foi Antonio Vidal León, do departamento de mantemento. O galardón, dunha contía de 3.000 euros, foi entregado a Antonio de mans do director xeral da compañía, Luis Simarro.

Barbanza-Arousa | O Barbanza