CONGALSA e a asociación Ambar conmemoran novamente o Día Internacional da Muller coa entrega de plantas ao persoal da empresa

CONGALSA, empresa da Pobra especializada en produtos do mar conxelados e solucións de valor engadido para as canles retallista e foodservice, e a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar, conmemoraron novamente e de forma conxunta o Día Internacional da Muller cun acto simbólico nas instalacións da compañía. A cita foi na mañá deste luns 9 […] CONGALSA, empresa da Pobra especializada en produtos do mar conxelados e solucións de valor engadido para as canles retallista e foodservice, e a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar, conmemoraron novamente e de forma conxunta o Día Internacional da Muller cun acto simbólico nas instalacións da compañía. A cita foi na mañá deste luns 9  

CONGALSA, empresa da Pobra especializada en produtos do mar conxelados e solucións de valor engadido para as canles retallista e foodservice, e a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar, conmemoraron novamente e de forma conxunta o Día Internacional da Muller cun acto simbólico nas instalacións da compañía. A cita foi na mañá deste luns 9 de marzo.

Un grupo de usuarias de Ambar desprazouse ata o centro de traballo de CONGALSA, no Polígono da Tomada, para facer entrega persoal ao persoal dos obsequios conmemorativos preparados para a ocasión. As plantas entregadas —empaquetadas e decoradas polas propias usuarias da entidade e incorporando unha tarxeta alusiva ao 8 de marzo— foron repartidas nas dependencias da empresa pobrense xerando, así, un espazo de encontro e sensibilización entre ambas as organizacións.

Compromiso compartido

O acto conmemorativo deste 9 de marzo enmárcase dentro das liñas de RSC (Responsabilidade Social Corporativa) de CONGALSA, que desde hai máis de dúas décadas mantén unha estreita colaboración con Ambar a través de distintas accións solidarias e de apoio aos seus proxectos. Neste 2026, a compañía volve apoiar a tradicional Carreira pola Diversidade, unha das principais citas solidarias da asociación, e apoia de maneira expresa o seu proxecto de vivendas adaptadas, unha iniciativa que impulsa modelos de vida independente para persoas con diversidade funcional na comarca.

A acción de CONGALSA e Ambar busca “visibilizar o papel das mulleres na súa contorna profesional e poñer en valor o traballo que realiza a asociación en favor da inclusión social e laboral”.

En CONGALSA, onde as mulleres representan o 61% do persoal, a xornada do 8M (que tivo lugar este domingo 8 de marzo) adquire un significado especial, aliñado co compromiso da empresa coa igualdade de oportunidades e o recoñecemento do talento feminino no ámbito industrial. Ademais, a actividade pon de relevo o talento e a implicación das persoas usuarias de Ambar, que participan activamente en iniciativas que favorecen o seu desenvolvemento persoal e a súa integración sociolaboral.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas