Tras finalizar o prazo de presentación de candidaturas á presidencia da patronal empresarial de Boiro (ABE) a única proposta recibida foi a do actual presidente, Daniel García e a súa xunta directiva. Polo tanto este venres 14 ás 13:45 horas será ratificado como presidente pola asemblea de empresas asociadas para os próximos 2 anos. Na […] Tras finalizar o prazo de presentación de candidaturas á presidencia da patronal empresarial de Boiro (ABE) a única proposta recibida foi a do actual presidente, Daniel García e a súa xunta directiva. Polo tanto este venres 14 ás 13:45 horas será ratificado como presidente pola asemblea de empresas asociadas para os próximos 2 anos. Na
Tras finalizar o prazo de presentación de candidaturas á presidencia da patronal empresarial de Boiro (ABE) a única proposta recibida foi a do actual presidente, Daniel García e a súa xunta directiva. Polo tanto este venres 14 ás 13:45 horas será ratificado como presidente pola asemblea de empresas asociadas para os próximos 2 anos. Na mesma asemblea tamén se presentarán as contas e memoria de actividade de 2024.
No capítulo de novidades, a directiva achegou unha serie de iniciativas innovadoras que aplicar ao propio formato da asemblea. A primeira é que se celebrará en sesión vermú e que ao rematar servirase un pincho e un viño para que as empresas asistentes poidan compartir un rato agradábel coa directiva e outras empresas asociadas e do que “quizais poida xurdir algunha colaboración”, adiantan dende o equipo de traballo de Daniel García. A segunda das novidades reside en que os presentes recibirán como agasallo a memoria de actividade de 2024 que nesta ocasión editouse en formato revista e que ademais estará dispoñíbel para consultar e descargar na web da asociación, www.abe.gal. Por último as empresas que asistan serán as primeiras en ver o novo rotulado interior e exterior das oficinas da asociación tralo cambio de denominación cara a un nome mais inclusivo de Asociación Boirense de Empresas. O acto é exclusivo para as empresas asociadas.

Barbanza-Arousa | O Barbanza