A Xunta e Amicos avanzan no convenio para restaurar a biodiversidade e fomentar a cultura mariñeira na ría de Arousa A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo esta semana un encontro de traballo con representantes da asociación Amicos co obxectivo de avanzar na execución do convenio asinado o pasado mes de agosto, […] A Xunta e Amicos avanzan no convenio para restaurar a biodiversidade e fomentar a cultura mariñeira na ría de Arousa A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo esta semana un encontro de traballo con representantes da asociación Amicos co obxectivo de avanzar na execución do convenio asinado o pasado mes de agosto,

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo esta semana un encontro de traballo con representantes da asociación Amicos co obxectivo de avanzar na execución do convenio asinado o pasado mes de agosto, destinado a impulsar a restauración da biodiversidade e o fomento da cultura mariñeira na ría de Arousa.
Durante a reunión, ambas partes analizaron as accións previstas no marco do acordo, que inclúen a posta en marcha de boas prácticas inclusivas orientadas á conservación dos recursos pesqueiros e marisqueiros, así como á promoción dunha maior sensibilización ambiental entre os distintos axentes do sector.
Este convenio enmárcase dentro da iniciativa Arousa-Lab, pertencente ao proxecto europeo Atlantic Arctic Agora (A-AAGORA), que ten como finalidade poñer en valor solucións baseadas na natureza para mellorar o estado ambiental das rías galegas e fortalecer a protección ecosistémica.
As actuacións previstas pretenden tamén protexer e manter os recursos mariños e defender as artes de pesca sustentables, como vía para garantir o futuro das comunidades costeiras. Ademais, desenvolveranse campañas de sensibilización dirixidas a escolas, asociacións e colectivos sociais, centradas na biodiversidade mariña, a xestión dos residuos mariños e a protección dos ecosistemas dunares vinculados ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e ao Parque Natural de Corrubedo.
Con esta colaboración, a Xunta e Amicos dan un novo paso no compromiso con unha pesca responsable, inclusiva e respectuosa co medio ambiente, reforzando o papel da ría de Arousa como referente en sustentabilidade e innovación mariña.
Barbanza-Arousa | O Barbanza