A Deputación da Coruña vén de realizar a entrega de novos sistemas de comunicacións a doce organizacións de Protección Civil da provincia ao abeiro do programa de subvencións dirixido a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios e voluntarias que pertencen a concellos de menos de 50.000 habitantes. As entidades beneficiarias son as de […] A Deputación da Coruña vén de realizar a entrega de novos sistemas de comunicacións a doce organizacións de Protección Civil da provincia ao abeiro do programa de subvencións dirixido a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios e voluntarias que pertencen a concellos de menos de 50.000 habitantes. As entidades beneficiarias son as de
A Deputación da Coruña vén de realizar a entrega de novos sistemas de comunicacións a doce organizacións de Protección Civil da provincia ao abeiro do programa de subvencións dirixido a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios e voluntarias que pertencen a concellos de menos de 50.000 habitantes.
As entidades beneficiarias son as de Carral, Zas, Xallas (Santa Comba), A Laracha, Porto do Son, Curtis, Corcubión, Camariñas, Ames, Miño, Coristanco e Boiro.

A deputada Cristina Capelán fixo entrega dos equipos nun acto que se celebrou no Pazo Provincial e no que destacou o compromiso da Deputación co labor imprescindíbel que realizan os voluntarios e voluntarias á hora de atender emerxencias e de que a práctica totalidade de eventos que contan cunha alta participación de persoas se desenvolvan en condicións de seguridade.

O material que lles acaba de proporcionar a institución provincial consta de catro walkie talkies e un repetidor portátil para cada unha das 12 agrupacións. Con eses equipamentos, garantiranse unhas comunicacións A Deputación investiu na súa adquisición 61.666,44 euros.

Barbanza-Arousa | O Barbanza