Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada en Boiro despois de que o coche no que viaxaban se saíse da vía e colidise contra un poste da luz no lugar de Nine, en Cespón. O accidente tivo lugar pouco despois da 1:00 da madrugada, cando un particular alertou ao 112 Galicia. O vehículo, no que viaxaban […] Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada en Boiro despois de que o coche no que viaxaban se saíse da vía e colidise contra un poste da luz no lugar de Nine, en Cespón. O accidente tivo lugar pouco despois da 1:00 da madrugada, cando un particular alertou ao 112 Galicia. O vehículo, no que viaxaban

Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada en Boiro despois de que o coche no que viaxaban se saíse da vía e colidise contra un poste da luz no lugar de Nine, en Cespón.
O accidente tivo lugar pouco despois da 1:00 da madrugada, cando un particular alertou ao 112 Galicia. O vehículo, no que viaxaban dous ocupantes, acabou derrubando parcialmente un poste eléctrico tras a saída da vía. Unha das persoas puido saír polos seus propios medios, pero a outra quedou atrapada no interior.
Os Bombeiros de Boiro, desprazados de inmediato, confirmaron á súa chegada que foi necesaria a excarceración dunha das vítimas para poder liberala con seguridade.
Ambos feridos foron atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao punto con dúas ambulancias.
No operativo participaron tamén o Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
Barbanza-Arousa | O Barbanza
