Dúas persoas resultan feridas nun accidente entre dous vehículos na Pobra do Caramiñal

Dúas persoas resultaron feridas, unha de cada vehículo implicado, tras unha colisión rexistrada este xoves na estrada AC-305, ao seu paso polo lugar do Campiño, no concello da Pobra do Caramiñal. Unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, mentres que a outra necesitou asistencia para abandonar o seu turismo. Ambas foron […] Dúas persoas resultaron feridas, unha de cada vehículo implicado, tras unha colisión rexistrada este xoves na estrada AC-305, ao seu paso polo lugar do Campiño, no concello da Pobra do Caramiñal. Unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, mentres que a outra necesitou asistencia para abandonar o seu turismo. Ambas foron  

A D C Bombeiros Boiro e Bombeiros Ribeira

Dúas persoas resultaron feridas, unha de cada vehículo implicado, tras unha colisión rexistrada este xoves na estrada AC-305, ao seu paso polo lugar do Campiño, no concello da Pobra do Caramiñal. Unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, mentres que a outra necesitou asistencia para abandonar o seu turismo. Ambas foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

O accidente produciuse pasadas as 11:10 horas da mañá, momento no que o 112 Galicia tivo constancia do sinistro no que, xa desde o primeiro momento indicaron que podería haber unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron a necesidade de excarceración dunha muller, mentres que a segunda persoa ferida tamén requiriu axuda para saír do coche. Unha vez liberadas, ambas foron atendidas polo persoal sanitario e evacuadas ao centro hospitalario de referencia.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas