O Concello de Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e persoas emprendedoras sete postos no Mercado Municipal. Tal e como destacou o alcalde, Julián Bustelo, “trátase dunha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo […] O Concello de Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e persoas emprendedoras sete postos no Mercado Municipal. Tal e como destacou o alcalde, Julián Bustelo, “trátase dunha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo
O Concello de Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e persoas emprendedoras sete postos no Mercado Municipal. Tal e como destacou o alcalde, Julián Bustelo, “trátase dunha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo comercial nunhas condicións moi vantaxosas”. O rexedor engadiu que “carnes e peixes como na actualidade, ou outros como froitas, verduras ou pan, son só algún dos produtos que se poden vender no noso mercado, o cal está chamado a ser un referente en canto á venta de produtos frescos e de proximidade”. As persoas interesadas en facerse cun dos postos vacantes pode poñerse en contacto co Concello de Rianxo para obter toda a información necesaria.
Barbanza-Arousa | O Barbanza