En Rianxo, os obradoiros de envellecemento activo para as persoas maiores chegarán tamén a Isorna, Taragoña e Leiro

O Concello de Rianxo anunciou o reforzamento do seu Programa de Envellecemento Activo, e fíxoo cun investimento de algo máis de 11.000€ que lle vai permitir á Administración local chegar a máis parroquias do termo municipal. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude, Ana Vidal Fungueiriño, […] O Concello de Rianxo anunciou o reforzamento do seu Programa de Envellecemento Activo, e fíxoo cun investimento de algo máis de 11.000€ que lle vai permitir á Administración local chegar a máis parroquias do termo municipal. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude, Ana Vidal Fungueiriño,  

O Concello de Rianxo anunciou o reforzamento do seu Programa de Envellecemento Activo, e fíxoo cun investimento de algo máis de 11.000€ que lle vai permitir á Administración local chegar a máis parroquias do termo municipal. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude, Ana Vidal Fungueiriño, engadindo que este programa comezou como un proxecto piloto na parroquia de Rianxo e que a día de hoxe está orientado a ampliar a esperanza de vida activa e saudábel para persoas maiores, así como contribuír a aumentar o máximo posíbel a súa autonomía persoal. Ao mesmo tempo, quere exercer como medida de detección precoz de posíbeis deterioros cognitivos. A edil fixo saber que nas vindeiras semanas o programa incrementará o seu radio de acción cara as parroquias de Isorna (con grupos na Casa da República e na Bacariza), Taragoña e Leiro. As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición a partir do vindeiro luns 17 de marzo no Concello de Rianxo.

As actividades do programa inclúen obradoiros de exercicio físico e mental realizados polas/os profesionais da Asociación AGADEA Alzhéimer en colaboración co Concello, cuxo obxectivo é previr o deterioro cognitivo das persoas maiores de 65 anos e contribuír á súa autonomía. O programa comezou cun completo programa de actividades no LIceo de Rianxo pero agora a intención do Concello é levar as sesións a outros espazos do municipio.

Os obradoiro abordan cuestións como as vantaxes das terapias non farmacolóxicas ou os recursos que se poden poñer en xogo para contrarrestar e previr o avance de doenzas como o alzhéimer ou a demencia.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas