Espectáculos A Cantaruxa e o Concello de Ribeira inician un acordo de colaboración co espectáculo “Frozen” no novo Auditorio (o 15 de decembro)

Á Área de Cultura de Ribeira presentou varias actividades de interese para esta tempada de outono, a engadir á axenda compartida os días pasados polo departamento que dirixe Antía Alberte. Trátase por unha banda da dun espectáculo que formará parte da programación do Nadal Cultural de Ribeira 2024/2025, que se celebrará o domingo 15 de […] Á Área de Cultura de Ribeira presentou varias actividades de interese para esta tempada de outono, a engadir á axenda compartida os días pasados polo departamento que dirixe Antía Alberte. Trátase por unha banda da dun espectáculo que formará parte da programación do Nadal Cultural de Ribeira 2024/2025, que se celebrará o domingo 15 de  

Á Área de Cultura de Ribeira presentou varias actividades de interese para esta tempada de outono, a engadir á axenda compartida os días pasados polo departamento que dirixe Antía Alberte. Trátase por unha banda da dun espectáculo que formará parte da programación do Nadal Cultural de Ribeira 2024/2025, que se celebrará o domingo 15 de decembro no novo Auditorio Municipal de Ribeira organizado por Espectáculos A Cantaruxa e a concellería de Cultura. É un musical infantil para toda a familia, titulado La Reina del Hielo (Frozen) que xira en torno ás dúas películas de Frozen con cancións das mesmas e dez persoas en escena.

Haberá dúas sesións, ás 17:00 h a primeira e ás 19:30 h a segunda, cun prezo único de 14€ +10% de gastos de xestión por persoa (todas as persoas precisan entrada con independencia da idade que teñan, incluso os bebés pequenos) que se poderán adquirir a través de Ataquilla.com de xeito online e paralelamente na billeteira da Oficina de Atención Cidadá na Casa do Concello (antigo auditorio) así como no propio Auditorio novo dende unha hora antes a primeira función (16 h) sempre e cando queden butacas dispoñíbeis.

Na presentación deste xoves 31, na que participaron David Sampedro, xerente de Espectáculos A Cantaruxa e Antía Alberte Maneiro, concelleira de Cultura de Ribeira, tamén se deu a coñecer que a empresa cultural local, A Cantaruxa, especializada en todo tipo de espectáculos, concertos e artistas, estableceu unha liña de colaboración coa área de Cultura que dirixe Antía Alberte, para organizar outros eventos e espectáculos no novo Auditorio a risco de billeteira ou de xeito mixto, é dicir, asumindo os custos por parte da empresa ou entre os dous para facilitar a oferta de máis e mellores espectáculos ao contar agora cun espazo como o novo Auditorio. Serán propostas tanto para público infantil e familiar como doutras idades e, segundo indicaron, “xa se está a traballar para ofrecer no ano vindeiro outro tipo de propostas”.

Antía Alberte manifestou que isto abre unha oportunidade xa que ao ter un orzamento limitado para programación cultural e resultar tan custosas certas propostas, o feito de ter empresas culturais que estean dispostas a organizar eventos deste xeito contribuirá a aumentar a oferta cultural do municipio de cara á veciñanza do mesmo en particular e resto de público potencial da contorna en xeral, “xa que non debemos esquecer que Ribeira como capital da Barbanza debe asumir ese papel dinamizador cultural do territorio” e “as empresas e compañías deben ter en conta que poden chegar a unhas 100000 persoas dende o noso auditorio, xa que as comarcas da Barbanza, Muros e Noia e Sar, e incluso parte do outro lado da ría é susceptíbel de acudir a espectáculos na nosa cidade”.

David Sampedro agradeceu a man tendida da área de Cultura de Ribeira e todas as facilidades do departamento para poder programar este espectáculo e establecer este mecanismo de colaboración para futuras propostas e dixo que xa están traballando delas de cara ao ano 2025 da man do equipo de Cultura.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas