Este 5 de setembro volve á praia de Tanxil a escultura da Virxe da Guadalupe

O Concello de Rianxo anunciou que a semana vindeira, o sábado 5 de setembro, a escultura da Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey volverá finalmente ao seu emprazamento orixinal da praia de Tanxil (logo de que fose retirada hai máis de 20 anos da do lugar no que se colocara no 1932 por encargo de […]
O artigo Este 5 de setembro volve á praia de Tanxil a escultura da Virxe da Guadalupe publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Rianxo anunciou que a semana vindeira, o sábado 5 de setembro, a escultura da Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey volverá finalmente ao seu emprazamento orixinal da praia de Tanxil (logo de que fose retirada hai máis de 20 anos da do lugar no que se colocara no 1932 por encargo de
O artigo Este 5 de setembro volve á praia de Tanxil a escultura da Virxe da Guadalupe publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Rianxo anunciou que a semana vindeira, o sábado 5 de setembro, a escultura da Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey volverá finalmente ao seu emprazamento orixinal da praia de Tanxil (logo de que fose retirada hai máis de 20 anos da do lugar no que se colocara no 1932 por encargo de Ángel Baltar).

Celebrarase no dique un acto público para “festexar o regreso e reposición deste elemento tan representativo do noso patrimonio cultural e da memoria do noso pobo”, segundo confirmou o alcalde Julián Bustelo.

Nos últimos tempos a peza foi sometida a diversos traballos dirixidos a restituír o seu esplendor. Entre os elementos que se recuperaron atópanse os seus relevantes motivos decorativos, recuperados no marco da intervención: azulexos vidrados con motivos florais e xeométricos que foron fabricados no seu día na Cerámica Celta de Pontecesures.

A peza está formada por dous corpos, un de 1,75 metros e o outro de 1,15 metros, o que dá unha altura total de case 3 metros.

Para esta importante actuación, o Concello e o pobo de Rianxo contaron coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

A restitución da figura encádrase no acordo asinado polo Concello coa familia Baltar (propietaria do pazo que preside Tanxil) para que un dos símbolos máis queridos pola veciñanza, a escultura da Virxe de Guadalupe do escultor galego Francisco Asorey, volva á súa localización orixinal na praia de Tanxil.

Recentemente o alcalde Julián Bustelo mostrou o seu agradecemento á familia Baltar “a vontade de acadar este acordo, algo no que levamos tempo traballando e que por fin é unha realidade”.

Respecto da escultura en si, na web Obaixoulla.gal sinálase que é unha figura de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o dique de Baltar na praia de Tanxil en 1932.

En 2005, os herdeiros Baltar decidiron retirar a imaxe de Asorey ante o risco que corría polos continuos derrubes que se rexistraban na contorna. Logo da retirada da virxe de Asorey, as veciñas e veciños de Rianxo financiaron a colocación doutra imaxe, obra de Bert Gerresheim, nun muro na praia de Quenxo.

A imaxe de Asorey é unha representación da virxe sostendo ao neno cos brazos en cruz, fronte ao mar. Está decorada con pezas da Cerámica Celta de Cesures incrustadas no manto da virxe. Foi quen encargou a imaxe da Virxe da Guadalupe e quixo que “a dulce imaxe da virxen patrona da vila se alzase como orientación consoladora para a xente do mar” (fonte: Obaixoulla.gal).

Retirada da escultura hai máis de 20 anos nunha imaxe de arquivo

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas