O 7 de xaneiro de 1950 falecía en Bos Aires o rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis relevantes da cultura e da política galega. Escritor, pintor, caricaturista e político, Castelao dedicou a súa vida á defensa da lingua, da identidade e da autonomía de Galicia. Castelao foi membro destacado das Irmandades da […] O 7 de xaneiro de 1950 falecía en Bos Aires o rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis relevantes da cultura e da política galega. Escritor, pintor, caricaturista e político, Castelao dedicou a súa vida á defensa da lingua, da identidade e da autonomía de Galicia. Castelao foi membro destacado das Irmandades da
O 7 de xaneiro de 1950 falecía en Bos Aires o rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis relevantes da cultura e da política galega. Escritor, pintor, caricaturista e político, Castelao dedicou a súa vida á defensa da lingua, da identidade e da autonomía de Galicia.
Castelao foi membro destacado das Irmandades da Fala e un dos líderes do Partido Galeguista. Durante a Segunda República, participou activamente na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Exiliado tras a Guerra Civil, continuou traballando desde América pola causa galega, deixando unha fonda pegada coa súa obra literaria, como Sempre en Galiza, e artística.
No aniversario da súa morte, Galicia lembra a un dos seus grandes referentes, cuxa obra e legado seguen vivos na loita pola defensa da cultura galega e os dereitos do seu pobo. Diversos actos e homenaxes celébranse nesta data en honra da súa memoria.
Máis datos sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Enlace Wikipedia
Barbanza-Arousa | O Barbanza