Este domingo celébrase a XIX Carreira Popular Mar de Boiro (17º Memorial Pepe Buceta)

Este domingo 1 de decembro, a partir das 10.40 horas e coa praza de Galicia como punto de partida e centro de operacións, celébrase a XIX Carreira Popular Mar de Boiro, 17º Memorial Pepe Buceta. A proba consta de tres categorías distintas, a primeira delas engloba as carreiras de mini e supermini para idades de […] Este domingo 1 de decembro, a partir das 10.40 horas e coa praza de Galicia como punto de partida e centro de operacións, celébrase a XIX Carreira Popular Mar de Boiro, 17º Memorial Pepe Buceta. A proba consta de tres categorías distintas, a primeira delas engloba as carreiras de mini e supermini para idades de  

Este domingo 1 de decembro, a partir das 10.40 horas e coa praza de Galicia como punto de partida e centro de operacións, celébrase a XIX Carreira Popular Mar de Boiro, 17º Memorial Pepe Buceta.

A proba consta de tres categorías distintas, a primeira delas engloba as carreiras de mini e supermini para idades de ata os 7 anos, que será de 200 metros e sairá ás 10.40 horas da rúa peonil; a segunda categoría será a de escolares, que consta dun percorrido de 2.500 metros e sairá ás 11.05 horas da rúa Principal; e a careira longa, de 10.000 estros, para categorías xerais que sairá ás 11.00 horas da rúa Principal.

Mar de Boiro forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do X circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Mantense o percorrido das pasadas edicións con saída da rúa Principal cara a avenida de Compostela e Praia Xardín, pasando polo Paseo Marítimo de Barraña ata o Saltiño con chegada a Mañóns e regreso a Boiro, novamente á rúa Principal, onde se atopa a liña de meta. “Trátase dunha carreira de dificultade media, apta para que calquera persoa poida participar”, explicaron os días pasados dende o Concello, engadindo que haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría e absolutas, tanto masculina como feminina, e tamén aos tres primeiros corredores e corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e clasificación Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.

As inscricións están abertas ata este xoves 28 de novembro ás 23.59 horas na páxina de emesports.es.

O alcalde, José Ramón Romero, animou á veciñanza a participar nesa proba “unha carreira moi familiar e que serve para promover o deporte en todas as idades e que este sirva como un atractivo turístico e comercial e fomentar a economía na comarca”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas