Esta fin de semana volven as festas de San Pedro de Vilas (Asados, Rianxo). A cita será o sábado 28 de xuño e os veciños prepararon un programa completo de música, tradición, gastronomía (un xantar popular con polbeiro), xogos tradicionais para a rapazada e moita festa para pasar unha xornada única a carón da ermida […] Esta fin de semana volven as festas de San Pedro de Vilas (Asados, Rianxo). A cita será o sábado 28 de xuño e os veciños prepararon un programa completo de música, tradición, gastronomía (un xantar popular con polbeiro), xogos tradicionais para a rapazada e moita festa para pasar unha xornada única a carón da ermida

Esta fin de semana volven as festas de San Pedro de Vilas (Asados, Rianxo).
A cita será o sábado 28 de xuño e os veciños prepararon un programa completo de música, tradición, gastronomía (un xantar popular con polbeiro), xogos tradicionais para a rapazada e moita festa para pasar unha xornada única a carón da ermida de Vilas, construída entre 1670 e 1671.
A axenda dará comezo a primeira cunha alborada a cargo de Río de Anxo. Logo haberá misa cantada coa Coral Abraira (ao mediodía) e unha sesión vermú cos ritmos de brass band da banda de mozas Brassica Rapa.
Pola tarde, actuarán Ultreia, Adhara & Ritman, Bestas e Maruxa e Coralia DJ.
Organiza a asociación cultural A Leoira coa colaboración do Concello de Rianxo.
Barbanza-Arousa | O Barbanza