Este sábado celébrase en Rianxo o acto central dos Actos Castelao 2025: a ofrenda floral no busto do paseo da Ribeira

O vindeiro sábado 1 de febreiro celebrarase en Rianxo o acto central dos Actos Castelao 2025 coa tradicional ofrenda floral no busto do ilustre político, escritor e debuxante local situado no Paseo da Ribeira. Será ás 12:00 horas. 2025: ano relevante Este 2025 será un ano relevante para Rianxo e a nosa comarca: cumpriranse 75 […] O vindeiro sábado 1 de febreiro celebrarase en Rianxo o acto central dos Actos Castelao 2025 coa tradicional ofrenda floral no busto do ilustre político, escritor e debuxante local situado no Paseo da Ribeira. Será ás 12:00 horas. 2025: ano relevante Este 2025 será un ano relevante para Rianxo e a nosa comarca: cumpriranse 75  

O vindeiro sábado 1 de febreiro celebrarase en Rianxo o acto central dos Actos Castelao 2025 coa tradicional ofrenda floral no busto do ilustre político, escritor e debuxante local situado no Paseo da Ribeira. Será ás 12:00 horas.

2025: ano relevante

Este 2025 será un ano relevante para Rianxo e a nosa comarca: cumpriranse 75 anos do pasamento do ilustre rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e dende o Concello levarase a cabo unha programación especial durante todo o ano para conmemorar a efeméride. “Faremos do 2025 o Ano Castelao coa finalidade de celebrar e reivindicar a vida e a obra dunha personalidade irrepetíbel da nosa historia contemporánea e que foi, ademais, o primeiro presidente de Galicia tal e como vén de recoñecer o Parlamento”, destacou a finais de 2024 o rexedor Julián Bustelo ao tempo que adiantou parte do programa de actividades, que se irá enriquecendo co transcurso do ano.

Esta programación botou a andar este mes de decembro, este venres 13, cunha mesa redonda sobre o traslado dos restos de Castelao ao Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, así como coa apertura da exposición fotográfica Castelao: o retorno a Galicia. 1984. A visión de Rianxo. Organizada en colaboración do Museo de Pontevedra e a Fundación Castelao, a exposición fotográfica púidose visitar ata o 11 de xaneiro. A mostra esta articulada a partir de 52 fotografías realizadas o 28 de xuño de 1984 por Xan Carballa durante os actos desenvolvidos en Santiago con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Actos Castelao en xaneiro

-Venres 17, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala de exposicións.  Exposición: Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo do Gravado á Estampa Dixital) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Sábado 18, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). Música: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto.

-Venres 24, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1ºandar). Libros: Presentación de Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979), a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Valentín García (Secretario Xeral de Lingua), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Sábado 25, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). Teatro: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Proposta ao abeiro da Rede Cultural 2024.

-Venres 31, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). Libros: Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia) e Marcos Calveiro (Editorial Galaxia). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo.

Actos Castelao en febreiro

Sábado 1, 12:00, Busto de Castelao (Paseo da Ribeira). Acto institucional: ofrenda floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo do grupo Fogo Fatuo.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas