Este sábado o Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un Obradoiro de Dolmens para a rapazada

Este sábado 12 de abril, en horario de 11.30 a 17.30 horas, celebrarase no Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro), un Obradoiro de Dolmens para rapazada de entre 6 e 14 anos. As inscricións poden formalizarse a través da web do Centro. Durante a sesión, a rapazada participante poderá descubrir como se construían os impresionantes […] Este sábado 12 de abril, en horario de 11.30 a 17.30 horas, celebrarase no Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro), un Obradoiro de Dolmens para rapazada de entre 6 e 14 anos. As inscricións poden formalizarse a través da web do Centro. Durante a sesión, a rapazada participante poderá descubrir como se construían os impresionantes  

Este sábado 12 de abril, en horario de 11.30 a 17.30 horas, celebrarase no Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro), un Obradoiro de Dolmens para rapazada de entre 6 e 14 anos. As inscricións poden formalizarse a través da web do Centro.

Durante a sesión, a rapazada participante poderá descubrir como se construían os impresionantes dolmens e aprenderá sobre as prácticas funerarias na Prehistoria. Ademais, terán a oportunidade de crear un colaxe para levar de recordo sobre o aprendido.

Máis información no QR do cartaz.

Máis propostas

Esta actividade forma parte do intenso programa de divulgación que preparou o Centro Arqueolóxico do Barbanza para esta tempada, que inclúe actividades e visitas guiadas para centros de ensino.

Indo ás actividades ofertadas, o Centro Arqueolóxico boirense ofrecerá un obradoiro prehistórico: Pequenos agricultores e artistas, recomendado para rapazada de 5 a 8 anos, sendo o obxectivo desta actividade introducir á rapazada na vida cotiá dos prehistóricos, centrándose na agricultura e o coidado do gando, fomentar a súa creatividade a través da arte rupestre.

Outra das actividades será un percorrido prehistórico nomeado Exploradores do pasado, orientado a rapazada de entre 8 e 12 anos, coa finalidade de dar unha visión máis detallada da Prehistoria recente da comarca do Barbanza, dende o Neolítico até a Idade do Ferro, con distintas actividades educativas.

Outra das visitas guiadas, recomendada para alumnado da ESO, é Descubrindo a nosa Prehistoria, e ten a finalidade de proporcionar ás persoas participantes unha comprensión profunda da Prehistoria recente da comarca do Barbanza, con énfase nos xacementos arqueolóxicos e as manifestacións culturais.

En canto ao alumnado de Bacharelato, ofértase unha visita guiada nomeada Investigando o Pasado Arqueolóxico do Barbanza e que busca dar unha visión exhaustiva e académica sobre os descubrimentos arqueolóxicos na comarca do Barbanza, cunha perspectiva que abrangue dende o Neolítico até a Idade do Ferro.

Alén destes destes programas específicos, dende o Centro Arqueolóxico do Barbanza realízanse tamén visitas guiadas aos Castro de Neixón (para distintas idades), ao Pazo de Goiáns ou á exposición etnográfica Mar de Boiro.

Para máis información sobre o programa escolar do Centro e as inscricións para participar cómpre visitar a páxina web do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas