Este venres 31 de xullo (e até o domingo 2 de agosto) vaise celebrar en Teaño (Boiro), no Campo do Ordenario, a nova edición (a número XVI) da tradicional Festa da Malla, organizada pola veciñanza de Teaño en colaboración co Concello. As actividades darán comezo o venres 31 de xullo cun Gran Serán a partir […]
O artigo Este venres 31 comeza en Teaño a XVI edición da Festa da Malla publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 31 de xullo (e até o domingo 2 de agosto) vaise celebrar en Teaño (Boiro), no Campo do Ordenario, a nova edición (a número XVI) da tradicional Festa da Malla, organizada pola veciñanza de Teaño en colaboración co Concello. As actividades darán comezo o venres 31 de xullo cun Gran Serán a partir
O artigo Este venres 31 comeza en Teaño a XVI edición da Festa da Malla publicouse primeiro en O Barbanza.
Este venres 31 de xullo (e até o domingo 2 de agosto) vaise celebrar en Teaño (Boiro), no Campo do Ordenario, a nova edición (a número XVI) da tradicional Festa da Malla, organizada pola veciñanza de Teaño en colaboración co Concello.
As actividades darán comezo o venres 31 de xullo cun Gran Serán a partir das 22h.
O día grande será o sábado 1, que incluirá música tradicional a cargo de Son do Pote e, tamén pola mañá, unha tractorada con tractores antigos, seguida dunha exposición de maquinaria antiga e apeiros de labranza. Haberá inchábeis e xogos para a rapazada. Ás 12.00 horas comezará a malla artesanal e ancestral do centeo e despois con maquinaria específica. Haberá sesión vermú co Trío Amanay e un xantar popular. A media tarde celebrarase unha festa da escuma para a rapazada e ás 20h sortearase un porco e máis un agasallo sorpresa. Pola noite actuará novamente Amanay. Está prevista unha tirada de fotos artificiais a partir das 0.00 horas. Pecharase a xornada con DJ Animaton. Ao día seguinte (domingo) haberá unha sesión vermú.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
