Esta fin de semana temos festa en Boiro. Máis concretamente en MIeites (Cures), onde se van celebrar as Festas de San Gabriel, entre o venres 10 de abril e o domingo 12. As celebracións arrincarán o venres cunha gran verbena nocturna co grupo boirense The Cuncas, seguidos de La Noche. A música acompañarase de pinchos […]
O artigo Este venres comezan en Mieites (Cures) as Festas de San Gabriel publicouse primeiro en O Barbanza. Esta fin de semana temos festa en Boiro. Máis concretamente en MIeites (Cures), onde se van celebrar as Festas de San Gabriel, entre o venres 10 de abril e o domingo 12. As celebracións arrincarán o venres cunha gran verbena nocturna co grupo boirense The Cuncas, seguidos de La Noche. A música acompañarase de pinchos
O artigo Este venres comezan en Mieites (Cures) as Festas de San Gabriel publicouse primeiro en O Barbanza.
Esta fin de semana temos festa en Boiro. Máis concretamente en MIeites (Cures), onde se van celebrar as Festas de San Gabriel, entre o venres 10 de abril e o domingo 12.
As celebracións arrincarán o venres cunha gran verbena nocturna co grupo boirense The Cuncas, seguidos de La Noche. A música acompañarase de pinchos para as persoas que se acheguen ás Festas de Mieites.
O sábado 11 será o día grande. Arrincará coas dianas e alboradas ás 9.00 (con música tradicional galega) e seguirá cunha misa na honra de San Gabriel ás 12.30 horas. Logo virá unha sesión vermú con pinchos amenizada por La Noche. Pola tarde haberá xogos populares e inchábeis para a rapazada e pola noite verbena coas orquestras Charleston e Cinema, a partir das 22.30 horas.
O domingo haberá unha sesión vermú con pinchos a cargo de Rumbo Norte, a partir das 12.30 horas.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
