A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este mércores 5 de marzo a nova entrega da súa Campaña do Día do Pai, dirixida a impulsar as compras locais nesta recta final do inverno ao tempo que se recompensa a fidelidade da veciñanza cos establecementos de proximidade do termo municipal. Na presentación, na que participaron o […] A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este mércores 5 de marzo a nova entrega da súa Campaña do Día do Pai, dirixida a impulsar as compras locais nesta recta final do inverno ao tempo que se recompensa a fidelidade da veciñanza cos establecementos de proximidade do termo municipal. Na presentación, na que participaron o

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este mércores 5 de marzo a nova entrega da súa Campaña do Día do Pai, dirixida a impulsar as compras locais nesta recta final do inverno ao tempo que se recompensa a fidelidade da veciñanza cos establecementos de proximidade do termo municipal. Na presentación, na que participaron o presidente da patronal ribeirá, Francisco Martínez Gude, e o secretario Juan Martínez, anunciouse que a campaña de 2025 vén con premios de 1.000 euros para ser investidos nos comercios participantes (preto de medio cento).
Desenvolverase dende este xoves 6 de marzo até o 19 de marzo e os clientes, para participar, terán que subir os seus tíckets á páxina web da patronal.
O sorteo vai destinado a tódolos clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados adheridos á campaña. O obxectivo fundamental é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”.
As compras poden facerse nos máis de medio cento de comercios adheridos á campaña, cun máximo de 150 euros e un mínimo de 1 euro por local. Participan bares, restaurantes, comercios tradicionais e salóns de peiteado.
Os premios son vales de compra por importe de 1.000€ menos a retención dos impostos obrigatorios. Este premio ten que ser gastado un día en concreto a determinar entre a asociación e a persoa premiada nos establecementos participantes nesta campaña.
O importe deberá ser investido nos catro sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería, restauración e perruquerías. Para repartir o premio entre varios participantes, como máximo o premiado pode gastar 150€ en cada un dos establecementos elixidos para gastar o premio.
Barbanza-Arousa | O Barbanza