Fe Núñez presenta en Boiro este venres o seu libro de poemas “En Sístole”

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia Editorial, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organiza este venres 29 de novembro a presentación do libro de poemas En Sístole, da escritora de Melide Fe Núñez. Será a partir das 20.00 horas na Libraría Espazo Lector Nobel de Boiro (rúa Poeta Manuel María, 10). Ademais da […] A Asociación Cultural Barbantia, Medulia Editorial, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organiza este venres 29 de novembro a presentación do libro de poemas En Sístole, da escritora de Melide Fe Núñez. Será a partir das 20.00 horas na Libraría Espazo Lector Nobel de Boiro (rúa Poeta Manuel María, 10). Ademais da  

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia Editorial, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organiza este venres 29 de novembro a presentación do libro de poemas En Sístole, da escritora de Melide Fe Núñez. Será a partir das 20.00 horas na Libraría Espazo Lector Nobel de Boiro (rúa Poeta Manuel María, 10). Ademais da autora, intervirán María Xesús Blanco, presidenta de Barbantia, Antón Riveiro Coello, escritor, Rosa Tubío, responsábel da Libraría Nobel, e Luis Ruiz, tenente de alcalde do Concello de Boiro.

Ficha do libro (Medulia)

Libro escrito desde as entrañas, desde a raíz. Cada palabra é unha presa de terra, un cazo de leite recén muxido, o recendo da leña na cociña. As mans, a pedra, a casa, a voz dos pais… Esa é a arañeira que se tece nun libro de poemas que non é ornamento, nin cuncha baleira. Que é amor, dor, reivindicación da propia identidade.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas