O seguimento afecta a hospitais e centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, onde se reprogramaron consultas e probas non urxentes. A folga convocada polo colectivo médico en Galicia contra a smedidas do Ministerio de Sanidad, ten este luns incidencia na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, unha […] O seguimento afecta a hospitais e centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, onde se reprogramaron consultas e probas non urxentes. A folga convocada polo colectivo médico en Galicia contra a smedidas do Ministerio de Sanidad, ten este luns incidencia na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, unha
O seguimento afecta a hospitais e centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, onde se reprogramaron consultas e probas non urxentes.
A folga convocada polo colectivo médico en Galicia contra a smedidas do Ministerio de Sanidad, ten este luns incidencia na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, unha das máis poboadas da comunidade. A xornada de paro, apoiada por organizacións sindicais do sector, reclama melloras nas condicións laborais, reforzo de plantillas e medidas para reducir a sobrecarga asistencial.
No Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) no Hospital do Barbanza e do Salnés e en varios centros de saúde da comarca do Barbanza e Santiago, o seguimento provoca a reprogramación de revisións externas, consultas e algunhas probas diagnósticas non urxentes. Os servizos mínimos establecidos pola Xunta de Galicia garantiron, non obstante, a atención en Urxencias, hospitalización e tratamentos oncolóxicos, así como a asistencia a pacientes críticos.
En municipios do Barbanza como Ribeira, Boiro e A Pobra do Caramiñal, os centros de saúde funcionaron con servizos mínimos, o que obrigou a aprazar citas programadas desde hai semanas.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
