Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood, candidato aos XVII Premios Nacionais de Artesanía

Dúas candidaturas galegas optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte. O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez opta ao premio Produto e o ebanista Fran Millán, do obradoiro Frouma […] Dúas candidaturas galegas optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte. O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez opta ao premio Produto e o ebanista Fran Millán, do obradoiro Frouma  

Dúas candidaturas galegas optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte. O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez opta ao premio Produto e o ebanista Fran Millán, do obradoiro Frouma Atlantic Wood, en Ribeira, competirá polo Premio Emprendemento.

Fran Millán no seu obradoiro de Ribeira

Segundo lembra o Goberno galego, os Premios Nacionais de Artesanía convócanse anualmente co obxectivo de “contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado”. Constan de cinco categorías, tres delas para proxectos de artesáns – Premio Nacional de Artesanía, Premio Produto e Premio Emprendemento – e dúas que recoñecen o labor de promoción por parte de entidades públicas e privadas.

En total, na edición deste ano participaron 80 candidaturas das que o xurado seleccionou 15 finalistas, tres para cada categoría de premios que son, Nacional de Artesanía, Produto, Emprendemento, Promociona Entidades Públicas e Promociona Entidades Privadas

Aitor Martínez no seu obradoiro de Tomiño

Nesta edición dos Premios Nacionais de Artesanía, Galicia volverá ter representación a través de dúas candidaturas. O torneiro de madeira Aitor Martínez, do obradoiro Aitor. (Tomiño), competirá polo Premio Emprendemento pola súa colección Códigos del alma. Martínez forma parte de Artesanía de Galicia dende o ano 2022, ano no que resultou tamén finalista nos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Emprendemento. Nesta ocasión competirá polo Premio Produto xunto coa colección Piel de Mouro do ceramista Raúl Mouro (Asturias) e coa lámpada Eclipsis de Pròsper Riba Vilardell (Barcelona).

Pola súa banda, ebanista ribeirán Fran Millán, do obradoiro Frouma Atlantic Wood (Ribeira), optará ao Premio Emprendemento, polo seu proxecto de creación de mobiliario artesanal con madeira de batea recuperada das rías galegas despois de máis de 20 anos no mar. A Xunta confirmou que Fran é “un dos novos talentos da marca Artesanía de Galicia da que forma parte desde o ano pasado e resultou gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023 por Norai“.

Frouma é un proxecto no que se reivindican os oficios vinculados ao mar, a sustentabilidade e os produtos con identidade e alma galega. O seu traballo baséase nun modelo de produción sustentable no que recicla, reutiliza e repara materiais xa existentes como a madeira das bateas ou as redes de pesca.

Fran Millán competirá polo Premio Emprendemento con Javier Reta Gallego e Myrte Sara Huyts, coa súa marca de sombrerería Maleza Hatmakers (Madrid); e con Laura Siles Ceballos, polo seu proxecto baseado na la do val de Karrantza Mutur Beltz (Biscaia).

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas