A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira vai organizar na segunda metade do mes de febreiro do 2025 unha decena de obradoiros de danza baixo o epígrafe A Danza galega, tradición e vangarda, impartidos pola compañía de danza Fran Sieira. As sesións, encadradas nunha óptica contemporánea, terán uns 50 minutos de duración cada unha e estarán adaptadas […] A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira vai organizar na segunda metade do mes de febreiro do 2025 unha decena de obradoiros de danza baixo o epígrafe A Danza galega, tradición e vangarda, impartidos pola compañía de danza Fran Sieira. As sesións, encadradas nunha óptica contemporánea, terán uns 50 minutos de duración cada unha e estarán adaptadas

A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira vai organizar na segunda metade do mes de febreiro do 2025 unha decena de obradoiros de danza baixo o epígrafe A Danza galega, tradición e vangarda, impartidos pola compañía de danza Fran Sieira. As sesións, encadradas nunha óptica contemporánea, terán uns 50 minutos de duración cada unha e estarán adaptadas e dirixidas ao alumnado de 3º e 4ª de ESO e 1º de Bacharelato.
Impartiranse un total de 10 obradoiros, un por aula, no ximnasio do centro, sendo o obxectivo chegar a 257 alumnos e alumnas que traballarán a descontextualización de pasos do baile tradicional galego para utilizalos como o principal mecanismo de expresión, trasladando ao movemento imaxes claras do espectáculo DeMente de bailarín local Fran Sieira, que dá nome á súa compañía de danza.
Segundo informou a ANPA, “agardamos que esta actividade sexa subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade coas axudas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, pois a través da danza traballaremos a igualdade, onde homes e mulleres bailan sen diferenzas de xénero, rompendo estereotipos”.
Fran Sieira
Bailarín dende os 8 anos na Escola de Música tradicional Tahúme de Ribeira. No 1997 comeza o seu camiño como bailador titular deste mesmo grupo. No 2023 entra a formar parte do Grupo para a recuperación de Bailes, Músicas e Cantares tradicionais da ACF O Fiadeiro de Vigo, e ademais asume a dirección artística do Grupo de Baile e Música tradicional Tahume. Do 2004 ó 2009 pasa a formar parte do equipo da Escola da ACF O Fiadeiro como mestre de baile tradicional. E no 2009 faise caro da dirección artística da Asociación Cultural Traspés.
En novembro do 2017 crea o seu propio proxecto profesional, Fran Sieira, compañía de danza, onde utiliza o baile tradicional galego como o seu principal mecanismo de expresión pero dende un marco contemporáneo. Estrea en abril do 2018 o seu primeiro espectáculo EntreSoños. Logo virían importantes fitos artísticos como DeMente e, máis recentemente, Ceibe, unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición.
Barbanza-Arousa | O Barbanza