Homenaxe a Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca no aniversario dos seus falecementos

A véspera do Día de Reis estivo marcada por unha emotiva homenaxe no cemiterio compostelán de Boisaca, onde se celebrou a tradicional ofrenda floral en recordo a Ramón María del Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo no aniversario dos seus falecementos. A xornada, pasada por auga, non impediu que numerosas persoas se reunisen para lembrar a […] A véspera do Día de Reis estivo marcada por unha emotiva homenaxe no cemiterio compostelán de Boisaca, onde se celebrou a tradicional ofrenda floral en recordo a Ramón María del Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo no aniversario dos seus falecementos. A xornada, pasada por auga, non impediu que numerosas persoas se reunisen para lembrar a  

A véspera do Día de Reis estivo marcada por unha emotiva homenaxe no cemiterio compostelán de Boisaca, onde se celebrou a tradicional ofrenda floral en recordo a Ramón María del Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo no aniversario dos seus falecementos. A xornada, pasada por auga, non impediu que numerosas persoas se reunisen para lembrar a figura destes dous intelectuais galegos cuxo legado segue vixente.

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Xosé López Campos, e da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, quen destacaron a importancia de preservar a memoria de Valle-Inclán, figura destacada da literatura modernista, e de Isaac Díaz Pardo, referente cultural e impulsor da identidade galega contemporánea.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, lembrou a Ramón María del Valle-Inclán e a Isaac Díaz Pardo na ofrenda floral celebrada esta mañá no cemiterio de Boisaca para conmemorar o 89 aniversario de Valle-Inclán e os 13 anos do pasamento de Díaz Pardo, soterrados ambos os dous neste cemiterio compostelán. Precisamente, salientou o feito de que neste camposanto tamén repousan os restos de Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero, autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

O representante do Goberno galego, xunto cunha ampla representación institucional, da cultura e familiares dos homenaxeados, puxo en valor a “extraordinaria relevancia no século XX destes dous escritores”. Ao respecto, López Campos incidiu en que máis alá do “enorme talento” destas dúas figuras, “cómpre enxalzar tamén a fonda pegada humana que deixaron entre todos os galegos e galegas”.

O Barbanza

Entre os asistentes tamén estiveron familiares de ambos autores, representantes do Museo Valle-Inclán da Pobra, Antonio González Millán, dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa —lugares vinculados á vida e obra do escritor—, así como membros da Asociación de Amigos de Valle-Inclán e do Foro Galicia e Valle-Inclán.

A ofrenda floral, realizada nun ambiente de solemnidade, serviu para reivindicar o impacto cultural e artístico destes dous referentes universais da cultura galega, reforzando o compromiso colectivo coa súa memoria.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas