II Congreso de Dietética en A Pobra: innovación educativa con sitting breaks e críticas á obesidade infantil

Na Pobra do Caramiñal celebrouse este mércores 11 de febreiro o II Congreso de Dietética, unha iniciativa do IES local organizada pola profesora de Fisiopatoloxía Olalla Mata coa colaboración do Concello. A segunda edición deste evento intraprovincial reuniu estudantes de FP de Dietética de centros de A Coruña e Santiago, cunha metodoloxía innovadora que vai máis alá dun […] Na Pobra do Caramiñal celebrouse este mércores 11 de febreiro o II Congreso de Dietética, unha iniciativa do IES local organizada pola profesora de Fisiopatoloxía Olalla Mata coa colaboración do Concello. A segunda edición deste evento intraprovincial reuniu estudantes de FP de Dietética de centros de A Coruña e Santiago, cunha metodoloxía innovadora que vai máis alá dun  

Na Pobra do Caramiñal celebrouse este mércores 11 de febreiro o II Congreso de Dietética, unha iniciativa do IES local organizada pola profesora de Fisiopatoloxía Olalla Mata coa colaboración do Concello. A segunda edición deste evento intraprovincial reuniu estudantes de FP de Dietética de centros de A Coruña e Santiago, cunha metodoloxía innovadora que vai máis alá dun simple congreso expositivo.

Os estudantes de 2º ano do ciclo de Dietética do IES A Pobra foron os encargados de expoñer as súas ponencias, mentres que os de 1º ano, coa tarxeta de “staff” acreditativa, se ocuparon da acollida e loxística no Teatro-Cine Elma. A pesar dos nervios evidentes e dun retraso inicial dos convidados coruñeses pola reanudación da folga de autobuses, a xornada puido arrancar ás 9:57 horas, desafiando as choivas e inclemencias meteorolóxicas.

A directora do IES, María Dolores Sánchez, inaugurou o evento avalando a iniciativa como un exemplo de “educación sanitaria saudable”. A coordinadora Olalla Mata abriu as sesións cunha cita de Schopenhauer sobre as tres etapas da verdade, seguida dun storytelling con referencia a Alicia no País das Maravillas para subliñar que “unha vez consciente, non podes ser indiferente”. Destacou a novidade da proposta: tres “sitting breaks” de 3-4 minutos entre conferencias para mobilización linfática e evitar acumulación de graxa visceral.

Os estudantes de 2º ano presentaron dúas ponencias centrais. A primeira centrouse na obesidade infantil, abordando desde a lactancia e cetoxénese ata os lazos emocionais, datos do Ministerio de Sanidade e críticas á publicidade de ultraprocesados e ao patrocinio das industrias do azucre co aval da Asociación de Pediatría Española. A segunda tratou da nova pirámide alimentaria invertida dos Estados Unidos, con maior peso proteico, contacto coa natureza e proposta de “reacondicionamento aos nosos orixes”: luz vermella para durmir e alimentación só de día.

O coffee break das 12:00 horas foi un exemplo práctico da mensaxe: almorzos con froita, filloas e guacamole, fomentando hábitos saudables entre os participantes. A actividade, que pechou cun ambiente de satisfacción mutua, reforza o IES A Pobra como referente en innovación educativa na Formación Profesional Sanitaria. (Luís Pérez Crujeiras)

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas