Ribeira acolleu o acto de inauguración da exposición Viacrucis e 15 testemuñas, do fotógrafo Xulio Gil, unha mostra que propón unha reflexión visual e humana a través do retrato e da memoria colectiva. O acto desenvolveuse segundo a orde prevista e estivo conducido por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do MUGART (Museo do Gravado de […] Ribeira acolleu o acto de inauguración da exposición Viacrucis e 15 testemuñas, do fotógrafo Xulio Gil, unha mostra que propón unha reflexión visual e humana a través do retrato e da memoria colectiva. O acto desenvolveuse segundo a orde prevista e estivo conducido por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do MUGART (Museo do Gravado de
Ribeira acolleu o acto de inauguración da exposición Viacrucis e 15 testemuñas, do fotógrafo Xulio Gil, unha mostra que propón unha reflexión visual e humana a través do retrato e da memoria colectiva.

O acto desenvolveuse segundo a orde prevista e estivo conducido por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do MUGART (Museo do Gravado de Artes), quen abriu a sesión coa presentación das autoridades e cunha intervención institucional.
A continuación tomou a palabra Antonia Tato Fontaíña, unha das protagonistas dos quince retratos que conforman a exposición, que achegou unha visión persoal da experiencia de participar no proxecto. Seguiulle Darío Gil, modelo fotográfico da mostra, quen tamén compartiu o seu testemuño.
O autor da exposición, Xulio Gil, interveu posteriormente para explicar o proceso creativo e o sentido da obra, agradecendo a implicación das persoas retratadas e das institucións colaboradoras. Para calquera ampliación de información, o autor pode ser contactado no teléfono 608 381 062.
O acto contou tamén coa intervención de Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura, que puxo en valor a importancia da creación contemporánea e do apoio institucional á cultura. Pechou a quenda de intervencións María Sampedro, alcaldesa de Ribeira, quen destacou a relevancia de acoller iniciativas culturais deste nivel no municipio.
A mostra constrúese a partir dun diálogo entre o Vía Crucis tradicional e quince retratos de persoas que atravesaron experiencias vitais marcadas pola dor e a superación. A través destas imaxes, o autor propón unha reflexión sobre a fraxilidade do ser humano, ao tempo que introduce unha mensaxe de esperanza e resiliencia, evidenciando a posibilidade de retomar o camiño vital coas marcas da dor xa asumidas, pero aínda presentes.
Desde o MUGART destacouse a orixinalidade da proposta e a calidade técnica e expresiva das fotografías, así como a importancia de abrir o espazo museístico a disciplinas artísticas máis alá do gravado. Neste sentido, a institución reafirma o seu papel como axente fundamental na promoción e difusión da creación cultural contemporánea.
A exposición queda aberta ao público, convidando á cidadanía a achegarse a unha lectura renovada dunha tradición que conecta pasado e presente a través da arte e da experiencia humana.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
