Inaugurada en Santiago a exposición “Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar”, unha mirada ás orixes do Camiño

Este xoves 14 de maio inaugurouse na Sala do Peregrino do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, a mostra titulada Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar. Trátase dunha iniciativa de carácter divulgativo e promocional impulsada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe. O acto […] Este xoves 14 de maio inaugurouse na Sala do Peregrino do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, a mostra titulada Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar. Trátase dunha iniciativa de carácter divulgativo e promocional impulsada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe. O acto  

Este xoves 14 de maio inaugurouse na Sala do Peregrino do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, a mostra titulada Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar. Trátase dunha iniciativa de carácter divulgativo e promocional impulsada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe.

O acto contou coa presenza do arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, ademais doutras autoridades e representantes institucionais e culturais, das empresas patrocinadoras GONGALSA e Hospedería San Martín Pinario, das administracións colaboradoras e de responsábeis vinculados a este destacado proxecto cultural e xacobeo, entre as que se atopaban o deán e cóengos do cabido da S.A.M.I. de Santiago, membros da Real Sociedade Económica do País de Santiago, o alcalde e a concelleira de cultura da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e Patricia Lojo, varios concelleiros das Corporacións municipais de Ribeira e Dodro, o cronista oficial de Ribeira, Xosé María Fernández Pazos, o presidente da FEGAC, etcétera.

A exposición está comisariada polo pobrense Antonio González Millán , historiador, coñecido xestor cultural e director do Museo Valle-Inclán, con ampla experiencia académica e publicista sobre o fenómeno xacobeo en Galicia, e reúne unha colección de instantáneas do fotógrafo, Adolfo Enríquez, profesional recoñecido por numerosas distincións e galardóns internacionais e por nada menos que por 13 LUX (os premios nacionais de fotografía) así como por mencións aos Goya e pola autoría de publicacións sobre as distintas rutas do Camiño de Santiago ou da revista oficial da catedral compostelá.

As imaxes conforman un percorrido visual pola ruta xacobea de A Orixe, e a elas súmanse a escolma de pezas impresas e de ourivería, síntese dun proxecto con empeños de rigor no que o colectivo traballa dende 2017 co obxectivo de documentar, identificar, recuperar e mellorar o antigo Camiño de Santiago na península do Barbanza e Sar.

Este itinerario atravesa os municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, vila de notoria tradición xacobea onde enlaza, en Iria Flavia, co trazado do Camiño de Santiago procedente de Portugal, actuando esa localidade como punto de encontro entre as rutas históricas de peregrinación por vía terrestre que descorren polas dúas bandas da ría da Arousa e por ter acollido a primitiva Sé Iriense, trasladada a Compostela logo dos sucesos do achádeo do corpo santo do Apóstolo.

A denominación desta ruta como A Orixe fai referencia á tradición sobre as orixes do Camiño de Santiago e á lenda haxiográfica da chegada dos restos do Apóstolo Santiago dende Palestina ata Galicia por vía marítima, a través da ría de Arousa e dos ríos Ulla e Sar, convidando a seguir un itinerario simbólico e espiritual coñecido dende a Idade Media como a Traslatio, máis tamén de uso práctico ao tránsito humano desde as comunidades situadas no norte arousá cara a Santiago de Compostela durante séculos.

Esta exposición permanecerá aberta ao público durante todo o verán ata rematar o mes de outubro, consolidándose como unha proposta cultural que busca difundir a dimensión histórica, espiritual e patrimonial do Camino de Santiago na comarca do Barbanza e val do Sar. A concorrencia de valores excepcionais e situación xeográfica resultan estratéxicos na actualidade cara á diversificación das alternativas no fenómeno da peregrinación xacobea como para a desestacionalización dos fluxos de camiñantes e doutro tipo de persoas viaxeiras no territorio galego.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas