Incendio dunha furgoneta a carón do campo de fútbol Vista Alegre, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron requiridos esta mañá, arredor das 11:25 horas, nun operativo destinado á extinción dun incendio nun vehículo localizado no monte, preto do campo de fútbol Vista Alegre, no concello de Boiro. Unha vez no lugar, os bombeiros provinciais comprobaron que se trataba dun vehículo tipo furgón que se […] Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron requiridos esta mañá, arredor das 11:25 horas, nun operativo destinado á extinción dun incendio nun vehículo localizado no monte, preto do campo de fútbol Vista Alegre, no concello de Boiro. Unha vez no lugar, os bombeiros provinciais comprobaron que se trataba dun vehículo tipo furgón que se  

Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron requiridos esta mañá, arredor das 11:25 horas, nun operativo destinado á extinción dun incendio nun vehículo localizado no monte, preto do campo de fútbol Vista Alegre, no concello de Boiro.

Unha vez no lugar, os bombeiros provinciais comprobaron que se trataba dun vehículo tipo furgón que se atopaba completamente calcinado, aínda fumeando.

Os bombeiros provinciais encargáronse de revisar que non existise ningún punto quente que puidera reproducir o lume. Unha vez comprobado que a situación quedou completamente controlada deuse por rematado o operativo, no que tamén participaron a Policía Local e a Garda Civil de Boiro.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas