Inicio do ciclo de visitas comentadas no Museo Valle-Inclán da Pobra

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal deu comezo ao seu ciclo anual de visitas comentadas para grupos, unha iniciativa xa consolidada que permite afondar na historia e patrimonio da institución. Este ano, as explicacións están a cargo de dous expertos en historia da arte e museoloxía: Antonio González Millán, director do museo, e Sara […] O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal deu comezo ao seu ciclo anual de visitas comentadas para grupos, unha iniciativa xa consolidada que permite afondar na historia e patrimonio da institución. Este ano, as explicacións están a cargo de dous expertos en historia da arte e museoloxía: Antonio González Millán, director do museo, e Sara  

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal deu comezo ao seu ciclo anual de visitas comentadas para grupos, unha iniciativa xa consolidada que permite afondar na historia e patrimonio da institución. Este ano, as explicacións están a cargo de dous expertos en historia da arte e museoloxía: Antonio González Millán, director do museo, e Sara Barbazán, técnica da institución.

O pasado 5 de abril, un grupo de 54 visitantes da Asociación de Veciños San Roque, de Vigo, percorreu a comarca do Barbanza deténdose en diversos monumentos e espazos naturais de especial interese. Na Pobra do Caramiñal, participaron nas visitas guiadas á Torre dos Valle Bermúdez, unha edificación do século XVI declarada Monumento Nacional de carácter Histórico-Artístico, e exploraron o valioso legado cultural exhibido nas salas do Museo Valle-Inclán. Este centro, fundado entre 1980 e 1987, é a institución valleinclaniana decana do país e o único espazo público dedicado ao autor que conserva e expón bens mobles autenticados como de Ramón del Valle-Inclán, desde pezas artísticas ata documentación, obxectos escénicos e vestimentas.

Dado o interese que estas visitas espertan, especialmente durante a Semana Santa, o museo organiza novas quendas de visitas comentadas o mércores 16 de abril, nos horarios de 12:00 h e 17:00 h. As persoas interesadas poden solicitar información ou realizar reservas a través dos teléfonos 981 83 16 62 (fixo) e 681 17 34 84 (móbil), dentro do horario habitual do museo.

Unha oportunidade única para achegarse ao universo de Valle-Inclán e ao rico patrimonio histórico da comarca!

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas