Interceptan en Rianxo un condutor que circulaba en sentido contrario e cuadriplicou a taxa de alcoholemia

Segundo informou a policía, sobre as 22.00 horas do domingo recibiron un aviso de que un vehículo realizaba unha traxectoria irregular no centro urbano. Nesa comunicación sinalábase que tamén estivera parado nun carril de circulación dunha rúa sen causa aparente, obstaculizando o tráfico. A Policía Local de Rianxo interceptou o condutor dun turismo que circulaba […] Segundo informou a policía, sobre as 22.00 horas do domingo recibiron un aviso de que un vehículo realizaba unha traxectoria irregular no centro urbano. Nesa comunicación sinalábase que tamén estivera parado nun carril de circulación dunha rúa sen causa aparente, obstaculizando o tráfico. A Policía Local de Rianxo interceptou o condutor dun turismo que circulaba  

Policia Local

Segundo informou a policía, sobre as 22.00 horas do domingo recibiron un aviso de que un vehículo realizaba unha traxectoria irregular no centro urbano. Nesa comunicación sinalábase que tamén estivera parado nun carril de circulación dunha rúa sen causa aparente, obstaculizando o tráfico.

A Policía Local de Rianxo interceptou o condutor dun turismo que circulaba en sentido contrario e que, tras realizarlle a proba de alcoholemia, cuadriplicou a taxa permitida.

Unha vez localizado no lugar do Pazo, os axentes observaron que invadía o sentido contrario de circulación e procederon á identificación do condutor, que presentaba síntomas de inxerir bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia lanzando taxas constitutivas de delito. Así, procedeuse á súa investigación e foi citado para un xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas