Ribeira formará parte, o 19 de xullo (no marco da XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia), da xira de presentacións do libro Un mar de Preguntas de Javier García Galdo, publicado pola editorial Galaxia: unha obra que combina respostas ás preguntas mais frecuentes que nos podemos facer sobre o mar e cuxo obxectivo é […] Ribeira formará parte, o 19 de xullo (no marco da XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia), da xira de presentacións do libro Un mar de Preguntas de Javier García Galdo, publicado pola editorial Galaxia: unha obra que combina respostas ás preguntas mais frecuentes que nos podemos facer sobre o mar e cuxo obxectivo é

Ribeira formará parte, o 19 de xullo (no marco da XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia), da xira de presentacións do libro Un mar de Preguntas de Javier García Galdo, publicado pola editorial Galaxia: unha obra que combina respostas ás preguntas mais frecuentes que nos podemos facer sobre o mar e cuxo obxectivo é divulgar dun xeito coloquial o coñecemento que temos sobre os mares e promover o seu coidado. A posta en marcha da xira coincide coa celebración do Día Internacional dos Océanos o 8 de xuño.
O xermolo do libro está na participación do autor Javier García Galdo no programa semanal da Radio Galega Mar de Ardora dirixido por Xusto López Carril. Dende hai uns anos, esta colaboración ten servido para divulgar distintos temas do medio mariño e dos seus habitantes.
A obra está dividida en 4 capítulos: O Mar e o Océano, Os habitantes do Azul, O contorno costeiro e Nós e o mar. Deste xeito, o libro tenta dar resposta a 40 preguntas cada unha ilustrada cunha imaxe que axuda a súa comprensión. Cuestións curiosas como para que serve una balea?, canta forza ten o mar?, cantas especies habitan os océanos? ou por que soben e baixan as mareas?
Javier García Galdo presentase como un talasófilo e curioso. Es dicir, un amante do mar que ten inquietude por desentrañar os seus misterios. É un biólogo mariño que leva 25 anos traballando en distintas tarefas sempre arredor do mar, o seu coidado e correcta xestión para unha pesca e marisqueo sostíbeis. Con experiencia en asesoramento do sector pesqueiro, traballou coas administracións, organizacións de pescadores, ou no desenvolvemento de proxectos. Tamén emprega parte do seu tempo á divulgación tanto en producións audiovisuais, como en programas de radio.
Recentemente o autor tamén lanzouse a aventura de comezar a comunicar nas redes sociais cunha canle chamada Curiososoceano.
Axenda de presentacións
• Santiago, o 5 de xuño ás 19:30 na sala de Ámbito Cultural del Corte Inglés, coa participación de Xusto López Carril (director do programa Mar de Ardora).
• Coruña, o 8 de xuño ás 18:00 no Mercado de San Agustín, dentro do festival Mar de Mares, coa participación de Jose Basilio Otero Rodriguez (presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e Patrón Maior da confraría de Burela).
• Ferrol, 13 de xuño ás 19:30 no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, coa participación de Joam Luis “Cesio” Ferreiro (biólogo mariño e ex-delegado da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol)
• Vigo, 12 de xullo ás 11:00 na carpa de ARVI dentro do festival Vigo Sea Fest, coa participación de Jose Antonio Fernandez Bouzas “Pepin” (director do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e presidente do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia).
• Ribeira, 19 de xullo ás 19:00 no XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, coa participación de Rogelio Santos Queiruga (pescador artesanal e influente).

Barbanza-Arousa | O Barbanza