O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañou este martes 7 de xaneiro ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nunha visita ao Mercado Municipal de Boiro para supervisar as obras de transformación que se están a acometer no inmóbel mediante unha subvención do Ministerio de Industria e Turismo para a modernización do Centro […] O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañou este martes 7 de xaneiro ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nunha visita ao Mercado Municipal de Boiro para supervisar as obras de transformación que se están a acometer no inmóbel mediante unha subvención do Ministerio de Industria e Turismo para a modernización do Centro
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañou este martes 7 de xaneiro ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nunha visita ao Mercado Municipal de Boiro para supervisar as obras de transformación que se están a acometer no inmóbel mediante unha subvención do Ministerio de Industria e Turismo para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro dun importe de 237.641 euros.
Pedro Blanco puxo en valor o traballo realizado que dota á veciñanza de Boiro duns servizos públicos modernos e adaptados ás súas necesidades. “Os resultados do labor desta alcaldía nótanse no crecemento e a expansión dos recursos municipais á disposición da cidadanía, que fan a vida máis sinxela aos e ás boirenses”, sinalou o delegado.
Romero e Blanco lembraron que as actuacións na Praza de Abastos teñen como finalidade “unificar a imaxe do Mercado Municipal”. Consistiron na instalación de sistemas de alumeado tipo LED, dunha axeitada sinalización nos postos e do revestimento decorativo. Ademais colocáronse biombos de aceiro inoxidábel, unha malla soldade e unha corda decorativa de fibra natural na zona da peixería.
O alcalde, José Ramón Romero, destacou a importancia desta actuación para o impulso do comercio local: “Para este Goberno local o Mercado Municipal é estratéxico para fomentar o comercio local pois é un polo de atracción para veciñanza de toda a comarca que fai as súas compras na nosa Praza e nos nosos comercios. Imos seguir traballando para melloralo e dotalo de mellores servizos”.
Ademais da reforma do Mercado Municipal, leváronse a cabo outras accións para a promoción do comercio local como son atopan a implantación de sistemas de recollida e reciclaxe de envases, a instalación de puntos Wi-Fi e de recarga de vehículos eléctricos, a posta en marcha de bonos para o comercio, o desenvolvemento de formacións tecnolóxicas en mercadotecnia (marketing) dixital e posicionamento SEO (visualización en buscadores e redes) para os negocios e outras actividades para a promoción do comercio.
“Os fondos do Plan, achegados polo Goberno, están a beneficiar a todos os concellos e creando unha Galicia con futuro”, subliñou Pedro Blanco. Lembrou tamén que o Goberno leva investidos xa máis de 3.500 millóns de euros en Galicia a través do Plan de Recuperación.
A Mellora doMmercado municipal non é a única mostra do traballo entre o Concello de Boiro e o Goberno. Hai unhas semanas executouse o traspaso á administración local da Casa do Mar de Cabo de Cruz, que estaba xestionada polo Instituto Social da Mariña. “Este Goberno traballa a prol da veciñanza e por un Boiro mellor, sempre da man da alcaldía”, apuntou o delegado.
Barbanza-Arousa | O Barbanza