A Real e Ilustre Cofradía da Dorna presentou o programa da LXXVIII edición da Festa da Dorna, que se celebrará en Ribeira entre o 17 e o 24 de xullo, cun día máis de duración que na pasada edición e coa incorporación dun patrocinador nacional. No apartado musical, destacan como cabezas de cartel os grupos […]
O artigo Lamatumbá e Dakidarría encabezarán a programación musical da Festa da Dorna de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. A Real e Ilustre Cofradía da Dorna presentou o programa da LXXVIII edición da Festa da Dorna, que se celebrará en Ribeira entre o 17 e o 24 de xullo, cun día máis de duración que na pasada edición e coa incorporación dun patrocinador nacional. No apartado musical, destacan como cabezas de cartel os grupos
O artigo Lamatumbá e Dakidarría encabezarán a programación musical da Festa da Dorna de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.
A Real e Ilustre Cofradía da Dorna presentou o programa da LXXVIII edición da Festa da Dorna, que se celebrará en Ribeira entre o 17 e o 24 de xullo, cun día máis de duración que na pasada edición e coa incorporación dun patrocinador nacional.
No apartado musical, destacan como cabezas de cartel os grupos Lamatumbá e Dakidarría. Ademais, unha das principais novidades será o evento “Extremodorna”, un tributo a Extremoduro e especialmente ao seu líder, Robe Iniesta, a cargo dunha banda formada por músicos locais.

A programación inclúe actos xa tradicionais como a arrancada dorneira, o desfile, a ruta de tapas ‘Estrellas Miguelín’ ou o Engalanamento de Fanegueiras, así como actividades para todos os públicos na Porta do Sol e outros espazos da cidade.
O día grande será o 24 de xullo, cando se celebrará a exposición de embarcacións feitas á machada, a Gran Cucaña e a carreira de carrilanas. Pola tarde terán lugar os Xogos Dorneiros e, pola noite, a Romaría Dorneira, que incluirá o pregón, este ano a cargo de Robe Iniesta. A xornada rematará co Concurso de Canción Mariñeira e o tradicional Enterro da Sardiña.
Entre as propostas destacadas tamén figura un espectáculo de mapping na Porta do Sol e o concerto de Nenghures. Nos días previos haberá citas como os Xogos de Mar, o Premio Ícaro de Voo Sen Motor ou actividades na praia de Area Secada, ademais de concertos e eventos como a final do Sementerrana Canción de Tasca.
O programa completarase con iniciativas como a Batalla de Promoción, concertos de Colectivo Verbum, The Juice e Jani Gaspar, así como o Maratón Infantil e de adultos e o tradicional Exame de Patróns, antes do concerto de Dakidarría.
PROGRAMA
Tras as 78 badaladas que anunciarán que xa chegou “festa máis rachada” do mundo, terá lugar o Facho Dorneiro, seguido da décima ruta de tapas ‘Estrelas Miguelín’, que regresará ao día seguinte. De tarde desenvolverase o ‘35º Enxallamento de Fanequeiras’, ata iniciarse a Macroqueimada e a ‘Simuonia de Inisiasión’ na Porta do Sol, e que darán paso a ‘Dansim tin de sitit’ -antigo xuquete dorneiro -, repartido por Campo de Marte con DJ CT, Porta do Sol con DJ Landeira e Bandourriño con Tito Maverick e sesión tecno con Iván Ribeira.
O sábado 18 será o Día do OrJullo Jaiteiro, con preto dunha vintena de grupos de gaitas en pasarrúas matinais pola cidade, a ‘Xuntanza de Embarcacións Tradisionais’ durante toda a xornada. Coroso será desde primeira hora da tarde o lugar que concentrará as miradas cos ‘XXXIV Xollos e Deportes Populares de Terra’, e xa pola noite regresarase ao centro da cidade para ‘XXXV Sertame Itinerante de Cansión de Tasca’.
O domingo 19 haberá a tradicional ‘Exposición de Carrilanas’ pola tarde- adiantarase para evitar a coincidencia coa final do Mundial de Fútbol -, e xa de noite terá lugar o Vídeo
O luns 20 desenvolveranse os ‘XXXIV Xogos de Mar’ no espigón, para continuar coa ‘XXXIV Premio Ícaro de Voo Sen Motor’, e xa de noite terá lugar unha das novidades deste ano, con ‘Extremodorna’, que será un tributo na Porta do Sol por parte dunha selección musical de músicos locais á banda Extremoduro, e en especial a Robe Iniesta, que foi un referente musical na zona.
O martes 21, será a praia de Area Secada a que centre a actividade diúrna con ‘Había Mallas no Rock and Dorna de Batea’, o ‘Instituto Dorneiro’ e ‘Pesca do Palillón’, coa animación musical con DJ Matrek. Pola noite, no escenario do ‘Matadero Arena’, será a final do ‘Sementerrana Canción de Tasca’.
Ao día seguinte, 22 de xullo, será a ‘Batalla de Promoción de Baixada de Promoción’, onde se disputará unha carreira de promoción coas súas propias condicións, para rematar cos concertos de ‘Colectivo Verbum’, ‘The Juice’ e ‘Jani Gaspar’.
O xoves 23 regresará o ‘Maratón Infantil’, o ‘Maratón Adulto’ e o Exame de Patróns, e o concerto de Dakidarría.
O 24 de xullo, haberá a ‘Exposición de embarcacións feitas a machada’, e ao mediodía darase o pistoletazo de saída á Gran Cucaña e á carreira de carrilanas. Pola tarde, na Porta do Sol, desenvolverase o ‘XXXIV Xogos Dorneiros’, coa participación de máis de 30 equipos. A partir das 21.00 horas comezará a tradicional ‘Romaría Dorneira’ e, como é habitual, procederase á lectura do pregón, que este ano correrá a cargo de Roberto Iniesta. A continuación, terá lugar o ‘XXV Concurso de Canción Mariñeira’, seguido dunha sesión DJ. Para pechar a xornada, haberá o tradicional Enterro da Sardiña. *Mapping na Porta do Sol *: recrearase a disidencia, seguido do concerto de ‘Nenghures’ no escenario ‘Patrona Stage’ instalado na Porta do Sol.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
