Máis de 200 persoas asistiron en Rois á estrea de “Nai”, a curta de Tito Refoxo e Brais do Rei gravada no concello

Máis de 200 persoas déronse cita este mércores, 6 de marzo, no auditorio do Campus Tecnolóxico de Cortizo para asistir á estrea ao público de Nai, unha curtametraxe escrita por Tito Refoxo e Brais do Rei que se gravou integramente no termo municipal de Rois. O alcalde, Ramón Tojo, destacou a colaboración do Concello con […] Máis de 200 persoas déronse cita este mércores, 6 de marzo, no auditorio do Campus Tecnolóxico de Cortizo para asistir á estrea ao público de Nai, unha curtametraxe escrita por Tito Refoxo e Brais do Rei que se gravou integramente no termo municipal de Rois. O alcalde, Ramón Tojo, destacou a colaboración do Concello con  

Máis de 200 persoas déronse cita este mércores, 6 de marzo, no auditorio do Campus Tecnolóxico de Cortizo para asistir á estrea ao público de Nai, unha curtametraxe escrita por Tito Refoxo e Brais do Rei que se gravou integramente no termo municipal de Rois. O alcalde, Ramón Tojo, destacou a colaboración do Concello con esta iniciativa cultural, que “axuda a levar o nome do municipio polo mundo”, e expresou o seu desexo de que Nairecolla o día 15 en Lalín un dos Premios Mestre Mateo, pois figura entre as finalistas na categoría de curtametraxe.

Ramón Tojo lembrou que Brais do Rei é veciño de Rois e profesor de percusión na Escola Municipal de Música. Ademais recordou que é membro do grupo Moura, que interpreta a música orixinal desta curtametraxe. O alcalde destacou tamén na súa intervención o peso que ten Rois no equipo técnico e a colaboración da veciñanza, que se prestou para facer de extras na película.

Salientou a maiores que o protagonismo de Rois queda patente ademais nas localizacións da curtametraxe, que se rodou na Peruca e no Pazo de Antequeira hai ao redor dun ano. “O cine é unha ferramenta perfecta para dar a coñecer Rois, tanto no que se refire ás nosas xentes como ás nosas fermosas paraxes”, resaltou Tojo.

Tito Refoxo, Felipe Pariente, Andrea Vilariño e Brais do Rei

Nai é unha das catro curtametraxes finalistas nos Premios Mestre Mateo, “que son os Goya galegos”, incidiu o alcalde, quen manifestou o seu desexo de que a película de Tito Refoxo e Brais do Rei sexa a gañadora na gala que se desenvolverá o sábado 15 de marzo en Lalín.

Tanto Tito Refoxo como Brais do Rei agradeceron a colaboración do Concello de Rois e de toda a veciñanza que participa na película, e lembraron que a súa intención inicial era facer unha longametraxe. “De momento decidimos empezar por esta curtametraxe, que esperemos que axiña se converta no final da nosa primeira película de cine”, aseguraron.

Tito Refoxo (esquerda), Brais do Rei e Ramón Tojo, alcalde de Rois

Nai participou nos últimos meses en diferentes festivais cinematográficos, tanto en España coma no estranxeiro. Da estrea en Rois, no Campus Tecnolóxico de Cortizo, puideron desfrutar máis de 200 persoas. Entre elas, atopábanse Andrea e Felipe Pariente, protagonistas da cinta; os alcaldes de Rois, Ramón Tojo; Valga, José María Bello; e Catoira, Alberto García; ademais de membros da Corporación roisense.

O acto comezou coa actuación de Bruna, que interpretou a capela Cantar de berce, o tema principal da curtametraxe.

Tito Refoxo (esquerda), Brais do Rei, Ramón Tojo e o resto de autoridades asistentes á estrea

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas