Ribeira prepárase para vivir a Semana Santa con numerosos actos litúrxicos organizados pola Unidade Pastoral (UPA) coa colaboración do Concello e da Asociación Amas de Casa e a Asociación Cultural Alfaia. No acto de presentación participaron a alcaldesa, María Sampedro; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o párroco, don Alfonso Mera; a presidenta da Asociación […] Ribeira prepárase para vivir a Semana Santa con numerosos actos litúrxicos organizados pola Unidade Pastoral (UPA) coa colaboración do Concello e da Asociación Amas de Casa e a Asociación Cultural Alfaia. No acto de presentación participaron a alcaldesa, María Sampedro; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o párroco, don Alfonso Mera; a presidenta da Asociación
Ribeira prepárase para vivir a Semana Santa con numerosos actos litúrxicos organizados pola Unidade Pastoral (UPA) coa colaboración do Concello e da Asociación Amas de Casa e a Asociación Cultural Alfaia.
No acto de presentación participaron a alcaldesa, María Sampedro; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o párroco, don Alfonso Mera; a presidenta da Asociación Amas de Casa, Puri Cores; unha das directivas de Alfaia, Carmen Pena; e a catequista, Aislene Marqués.

Durante a súa intervención, a rexedora destacou o traballo da UPA para sacar adianto tódolos actos relixiosos e tamén gabou o labor das entidades antes referidas. “Son uns actos que fan parroquia, que fan pobo”, declarou a mandataria local.
A cartelería e lema deste ano, como apuntou o párroco, aluden á situación que estamos atravesando a nivel mundial, mesturando dúas imaxes coas palabras “Cristo camiña entre os pobres e os pobos feridos”. Nas fotografías contémplanse, por unha banda, un barrio esnaquizado pola guerra e, noutra, uns pés camiñando en procesión.

Ademais, as entidades antes referidas colaborarán en diversos aspectos, entre eles, na procesión do Paso, que será no Xoves Santo, ás 21.00 horas. Poranse traxes a disposición de quen desexe participar e, no día 31 de marzo, ás 21.00 horas, haberá unha reunión no recinto do colexio O Grupo para facer o ensaio desa procesión.
Programa de actos
No Domingo de Ramos (bendición de ramos, procesión e celebración da Eucaristía) haberá oficios ás 10.00 horas en Santa Clara e San Paio; ás 11.00 horas, na Guía, Castiñeiras, Artes e Oleiros; ás 12.30 horas en Aguiño, Corrubedo e Olveira; e ás 12.00 horas, en Ribeira.
Para o Xoves Santo, prográmase misas para as 17.00 horas en San Paio, Castiñeiras, Olveira e Oleiros; ás 18.30 horas en Aguiño, Corrubedo e Artes; e xa en Ribeira, ás 19.30 horas, conmemórase a celebración da Última Cea e Lavatorio de pés, seguida da procesión do Paso, ás 21.00 horas, e da Hora Santa, ás 22.30 horas.

Durante a mañá do Venres Santo haberá Vía Crucis, ás 10.00 horas, dende a Santa de Moldes ata A Curota; ademais de Sermón do Encontro na praza da Igrexa de Ribeira, ás 12.30 horas. Pola tarde, celebración da Paixón do Señor, oficios ás 17.00 horas en San Paio, Castiñeiras, Olveira e Oleiros; ás 18.30 horas, en Aguiño, Corrubedo e Artes; ás 19.30 horas, en Ribeira; ás 20.30 horas, Sermón das 7 Palabras e do Desencravo; e, ás 21.30 horas, procesión do Santo Enterro.

Tamén haberá no Sábado Santo a Vixilia Pascual, ás 22.00 horas, na igrexa de Santa Uxía.
E, no Domingo de Resurrección, misas ás 10.00 horas, no hospital; ás 11.00 horas, en Oleiros, Artes, Castiñeiras, San Paio e Santa Clara; e, ás 12.30 horas, en Aguiño, Corrubedo, Olveira, A Guía e Ribeira.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
