María Sampedro (PP) interésase polo estudo alternativo da circunvalación de Ribeira

O PP de Ribeira, a través da concelleira María Sampedro, presentou unha pregunta para ser tratada no pleno da Corporación relativa á materialización da variante, a estrada de circunvalación de Ribeira destinada a aliviar o tráfico nos accesos actuais a Santa Uxía e a facilitar a mobilidade cara aos barrios altos da cidade. Na súa […] O PP de Ribeira, a través da concelleira María Sampedro, presentou unha pregunta para ser tratada no pleno da Corporación relativa á materialización da variante, a estrada de circunvalación de Ribeira destinada a aliviar o tráfico nos accesos actuais a Santa Uxía e a facilitar a mobilidade cara aos barrios altos da cidade. Na súa  

O PP de Ribeira, a través da concelleira María Sampedro, presentou unha pregunta para ser tratada no pleno da Corporación relativa á materialización da variante, a estrada de circunvalación de Ribeira destinada a aliviar o tráfico nos accesos actuais a Santa Uxía e a facilitar a mobilidade cara aos barrios altos da cidade. Na súa pregunta os populares reclaman coñecer o estado actual do proxecto e, tamén, “os motivos polos que despois de dous anos, o señor alcalde segue sen dar explicacións sobre o estudo alternativo que foi unha das súas primeiras medidas unha vez chegado ao goberno”.

Sampedro achegou a seguinte cronoloxía: “No ano 2020 a Xunta de Galicia presentaba ante a Corporación municipal o proxecto para a realización da variante de Ribeira, unha infraestrutura que suporía un investimento de 9 millóns de euros e que respondería a unha demanda histórica en materia de infraestruturas e tráfico, mais esa demanda histórica converteríase durante anos en cabalo de batalla para parte dos grupos que hoxe integran o goberno e que solicitaban unha e outra vez, sen argumentos sólidos, que se estudase unha alternativa ao trazado proposto que tiña un fin completamente diferente ao que Ribeira precisa”. Engadiu que en 2023, co cambio de goberno local, anunciouse a súa intención de facer outro estudo alternativo “comprometéndose a estudar a viabilidade dunha alternativa que non afecte aos veciños”. Sinala que “estamos ás portas de xullo de 2025 e o único que sabemos dese estudo é que segundo o voceiro socialista o alcalde o ten gardado nun caixón por interese propio (setembro de 2024)”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas