Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron na San Silvestre padronesa

Cada participante aportoulle a Cáritas un quilo de alimentos non perecedoiros para distribuír entre as familias vulnerables. O alcalde, Anxo Arca, estivo presente na saída da proba non competitiva.  Un chocolate con churros axudou os atletas e os ciclistas a repoñer forzas tras os case seis quilómetros de percorrido Medio milleiro de persoas de […] Cada participante aportoulle a Cáritas un quilo de alimentos non perecedoiros para distribuír entre as familias vulnerables. O alcalde, Anxo Arca, estivo presente na saída da proba non competitiva.  Un chocolate con churros axudou os atletas e os ciclistas a repoñer forzas tras os case seis quilómetros de percorrido Medio milleiro de persoas de  

Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron o 31 de decembro na I San Silvestre padronesa que organiza o Concello de Padrón. A afluencia nesta proba non competitiva desbordou as previsións da organización, que lle entregou un gorro vermello a modo de agasallo ás primeiras catrocentas persoas inscritas.
O bo ambiente e as ganas de despedir o 2024 facendo algo de deporte animou a atletas e ciclistas a percorrer os case seis quilómetros desta proba, que unhas persoas fixeron correndo, outras andando e algunhas tamén en bicicleta.
O alcalde, Anxo Arca, achegouse a dar a saída no paseo do Espolón xunto á concelleira Mariló Saco. O edil de Deportes, Luis Mariño, e a de Turismo, Chus Campos, animáronse a correr na proba. O primeiro tramo da San Silvestre padronesa pasou polas rúas do casco histórico padronés.
Ao rematar, o Concello ofreceulle ás persoas participantes un chocolate quente con churros, que axudou a repoñer forzas na derradeira e soleada tarde do ano 2024.
Todas as persoas participantes doaron un quilo de alimentos non perecedoiros que Cáritas de Padrón distribuirá entre as familias vulnerables do municipio.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas