A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, para avanzar na colaboración institucional en materia de desenvolvemento rural e apoio ao sector agrogandeiro do municipio. Durante a reunión, celebrada na sede da Xunta de Galicia en San Caetano, abordáronse cuestións como a mellora e acondicionamento […]
O artigo Medio Rural investiu máis de 224.000 euros na mellora de camiños en Boiro desde 2020 publicouse primeiro en O Barbanza. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, para avanzar na colaboración institucional en materia de desenvolvemento rural e apoio ao sector agrogandeiro do municipio. Durante a reunión, celebrada na sede da Xunta de Galicia en San Caetano, abordáronse cuestións como a mellora e acondicionamento
O artigo Medio Rural investiu máis de 224.000 euros na mellora de camiños en Boiro desde 2020 publicouse primeiro en O Barbanza.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, para avanzar na colaboración institucional en materia de desenvolvemento rural e apoio ao sector agrogandeiro do municipio.

Durante a reunión, celebrada na sede da Xunta de Galicia en San Caetano, abordáronse cuestións como a mellora e acondicionamento dos camiños municipais.
Neste ámbito, a Xunta destinou a Boiro un total de 224.115 euros desde o ano 2020, un investimento que permitiu actuar en nove vías de titularidade municipal. Só no período 2025-2026, o concello recibiu unha axuda de 55.575 euros para este mesmo fin.
Ademais, no encontro tamén se tratou o avance do proceso de reestruturación parcelaria de Cures, actualmente en fase de acordo firme. Esta actuación beneficiará arredor de 1.380 propietarios e abarcará unha superficie superior ás 640 hectáreas.
A reunión enmárcase na estratexia da Xunta para impulsar a modernización do rural galego e mellorar as infraestruturas básicas que favorecen a actividade agraria e a calidade de vida no territorio.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
