Na Pobra controlada a vertedura de hidrocarburo

Gardacostas de Galicia activou este domingo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL), en fase de alerta, pola aparición dunha mancha de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal, á altura da Ribeiriña. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 17:00 horas da tarde deste sábado, cando un particular contactou con emerxencias […] Gardacostas de Galicia activou este domingo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL), en fase de alerta, pola aparición dunha mancha de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal, á altura da Ribeiriña. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 17:00 horas da tarde deste sábado, cando un particular contactou con emerxencias  

Gardacostas de Galicia activou este domingo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL), en fase de alerta, pola aparición dunha mancha de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal, á altura da Ribeiriña.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 17:00 horas da tarde deste sábado, cando un particular contactou con emerxencias para informar dunha posible vertedura de gasóleo ao mar desde unha nave abandonada.

Nada máis recibiren o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) de Galicia puxeron a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, da Sala de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Ribeira e da Policía Local.

Pola súa banda, a Consellería do Mar explicou que tras as comprobacións realizadas no punto, descubriron que a vertedura ten a súa orixe nos tubos dos antigos depósitos de gasóleo da empresa Fariñas do Atlántico, pechada hai dúas décadas.

Aínda que non observaron a presenza de residuos na auga, os axentes despregados na zona (de Augas de Galicia, Seprona e Gardacostas) permanecerán pendentes da evolución da vertedura. Así e todo, dan por controlada a situación.

Ademaistentan localizar os propietarios da nave para que non se repita o episodio.

Ademais, ata o lugar desprazouse o buque ‘Mar de Galicia’, xunto coa súa embarcación auxiliar, para apoiar os labores de contención e limpeza. Polo momento, as autoridades marítimas traballan para minimizar o impacto ambiental e garantir a seguridade na zona portuaria.

buque ‘Mar de Galicia’

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas