Este xoves 21, ás 20:00 horas, presentarase na Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal a Revísta Foro Galicia e Valle-Inclán 2024, unha publicación bilingüe que combina o rigor académico cun enfoque divulgativo sobre a obra e figura de Ramón do Valle-Inclán. A revista está deseñada para a súa distribución tanto en Galicia como no resto […] Este xoves 21, ás 20:00 horas, presentarase na Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal a Revísta Foro Galicia e Valle-Inclán 2024, unha publicación bilingüe que combina o rigor académico cun enfoque divulgativo sobre a obra e figura de Ramón do Valle-Inclán. A revista está deseñada para a súa distribución tanto en Galicia como no resto
Este xoves 21, ás 20:00 horas, presentarase na Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal a Revísta Foro Galicia e Valle-Inclán 2024, unha publicación bilingüe que combina o rigor académico cun enfoque divulgativo sobre a obra e figura de Ramón do Valle-Inclán. A revista está deseñada para a súa distribución tanto en Galicia como no resto da Península.
O acto contará coa participación de José Carlos Vidal Suárez, alcalde da Pobra do Caramiñal; Patricia Lojo Nine, concelleira de Cultura; Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán; e Xaquín do Valle-Inclán, presidente do Foro e director da publicación.
Este lanzamento tamén serve como adianto do centro de estudos sobre Valle-Inclán que se creará no Museo Valle-Inclán, iniciativa que foi posible grazas a un acordo unánime do Concello tras o ofrecemento de Xaquín do Valle-Inclán.
Convídase a todas as persoas interesadas na cultura galega e na obra deste gran autor a asistir ao evento e a difundilo entre quen poida estar interesados.
Barbanza-Arousa | O Barbanza