O adestramento de forza centra unha nova xornada do Programa Muller e Saúde de Boiro

Esta semana proseguen as xornadas divulgativas do ciclo sobre Muller e Saúde organizado polo Concello de Boiro, Será este venres 29 de novembro no Centro Social de Boiro, entre as 17.00 e as 20.00 horas e porá o foco nos beneficios do exercicio para previr doenzas. Nun plano máis concreto, esta charla sobre os beneficios […] Esta semana proseguen as xornadas divulgativas do ciclo sobre Muller e Saúde organizado polo Concello de Boiro, Será este venres 29 de novembro no Centro Social de Boiro, entre as 17.00 e as 20.00 horas e porá o foco nos beneficios do exercicio para previr doenzas. Nun plano máis concreto, esta charla sobre os beneficios  

Esta semana proseguen as xornadas divulgativas do ciclo sobre Muller e Saúde organizado polo Concello de Boiro, Será este venres 29 de novembro no Centro Social de Boiro, entre as 17.00 e as 20.00 horas e porá o foco nos beneficios do exercicio para previr doenzas. Nun plano máis concreto, esta charla sobre os beneficios do adestramento de forza para prevención de enfermidades virá da man de Orlando Blanco Iglesias, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudábeis da Consellería de Sanidade. Será tamén no Centro Social. Esta sesión chega logo da actividade divulgativa do 15 de novembro, centrada nas vantaxes para a nosa saúde dunha alimentación antiinflamatoria, impartida polo dietista da Consellería de Sanidade Iván Parada Barral. Quen estea interesada en acudir pode facelo na conta de correo do CIM de Boiro (cim@boiro.org) ou a través do teléfono 981 844 800.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas