O alumnado de forestal do Obradoiro de Emprego Torre de Goiáns IV (Boiro) leva a cabo tarefas de repoboación no esteiro do río Coroño

O alumnado da modalidade de forestal do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV que desenvolve o Concello de Boiro, está estes días a realizar tarefas de eliminación de exemplares mortos e plantación de especies autóctonas no monte do estuario do río Coroño. Como lembraremos, o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV ten unha duración de […] O alumnado da modalidade de forestal do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV que desenvolve o Concello de Boiro, está estes días a realizar tarefas de eliminación de exemplares mortos e plantación de especies autóctonas no monte do estuario do río Coroño. Como lembraremos, o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV ten unha duración de  

O alumnado da modalidade de forestal do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV que desenvolve o Concello de Boiro, está estes días a realizar tarefas de eliminación de exemplares mortos e plantación de especies autóctonas no monte do estuario do río Coroño.

Como lembraremos, o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV ten unha duración de 9 meses e nel fórmanse 20 alumnos/as traballadores nas especialidades de Instalación en elementos de carpintería e de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado conta cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanas mediante o que se forma de xeito teórico e tamén práctico.

Durante o desenvolvemento das actividades formativas o alumnado leva a cabo tarefas de mantemento e conservación e diversos puntos como é o percorrido do Camiño A Orixe, cerramentos de madeira e pasarelas, consolidación de frondosas, mellora das faixas contra incendios…

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV, o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 411.628 euros para desenvolver talleres duais de emprego.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas