O Concello de Boiro participa na exposición de realidade virtual Os ODS son glocais que realiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para poñer de relevo a conexión entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) fixados por Nacións Unidas e a realidade local. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Política […] O Concello de Boiro participa na exposición de realidade virtual Os ODS son glocais que realiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para poñer de relevo a conexión entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) fixados por Nacións Unidas e a realidade local. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Política

O Concello de Boiro participa na exposición de realidade virtual Os ODS son glocais que realiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para poñer de relevo a conexión entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) fixados por Nacións Unidas e a realidade local.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Política Social, Raúl Treus; e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron este venres 11 de abril na presentación desta exposición realizada co alumnado do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña.
Este iniciativa emprega as novas tecnoloxías da información e vincúlaas ao espazo público para dar a coñecer dun xeito atractivo a Axenda 2030 e contribuír ao seu cumprimento. Cada concello seleccionou seis puntos que se ligan aos ODS centrados en temas como educación, igualdade, acceso á auga, consumo responsable ou acción polo clima.
Durante a presentación as moza e mozos tiveron oportunidade de probar as gafas de Realidade Virtual mediante as que, nunha representación 360º, trasládanse a un escenario virtual doutro país afastado na distancia pero ao que nos une a mesma loita polo desenvolvemento sostíbel. Neste novo escenario presentase un panel con información sobre o ODS concreto, ilustrada con imaxes dos proxectos de cooperación internacional impulsados polo Fondo Galego.

Barbanza-Arousa | O Barbanza