O alumnado do Programa Integrado de Emprego (PIE) que o Concello de Boiro leva a cabo de forma conxunta cos concellos de Rianxo e A Pobra, remata a formación en Técnicas de procedementos e limpeza en aloxamentos. Tratouse dun curso no que as persoas asistentes se formaron profesionalmente na limpeza, hixienización e posta a punto […] O alumnado do Programa Integrado de Emprego (PIE) que o Concello de Boiro leva a cabo de forma conxunta cos concellos de Rianxo e A Pobra, remata a formación en Técnicas de procedementos e limpeza en aloxamentos. Tratouse dun curso no que as persoas asistentes se formaron profesionalmente na limpeza, hixienización e posta a punto
O alumnado do Programa Integrado de Emprego (PIE) que o Concello de Boiro leva a cabo de forma conxunta cos concellos de Rianxo e A Pobra, remata a formación en Técnicas de procedementos e limpeza en aloxamentos.
Tratouse dun curso no que as persoas asistentes se formaron profesionalmente na limpeza, hixienización e posta a punto de habitacións e zonas comúns en hoteis e outros establecementos turísticos. Durante as 30 horas formativas o alumnado adquiriu coñecementos fundamentais en métodos de limpeza de diferentes superficies, aplicación de produtos, mantemento de habitacións e zonas comúns e prevención de riscos.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025-2026 realízase en colaboración co Concello de Rianxo e a Pobra e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
