O alumnado do Programa Integrado de Emprego de Boiro, Rianxo e A Pobra fórmase en manexo de carretillas elevadoras e traballos en altura

O alumnado do Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra vén de finalizar unha acción formativa en Manexo de carretillas elevadoras e Traballos en altura. Participaron neste curso 38 persoas que recibiron formación en normativas de prevención de riscos, técnicas e condicións de traballos en alturas, manexo de plataformas […] O alumnado do Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra vén de finalizar unha acción formativa en Manexo de carretillas elevadoras e Traballos en altura. Participaron neste curso 38 persoas que recibiron formación en normativas de prevención de riscos, técnicas e condicións de traballos en alturas, manexo de plataformas  

O alumnado do Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra vén de finalizar unha acción formativa en Manexo de carretillas elevadoras e Traballos en altura. Participaron neste curso 38 persoas que recibiron formación en normativas de prevención de riscos, técnicas e condicións de traballos en alturas, manexo de plataformas elevadoras e técnicas e condicións de traballo con carretillas elevadoras.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 está destinado a 100 persoas da comarca desempregadas e que, durante 12 meses, están a recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral.

Nesta edición a oferta formativa inclúe técnicas de limpeza e departamento de pisos; eventos, catering e banquetes; cociña básica; elaboración de pezas cárnicas; preparación de peixes e mariscos para a industria e venda; identificación de alérxenos e manipulación de alimentos; condución de carretillas; xestión e control de compras e stock; ou operacións básicas de caixa.

Durante o desenvolvemento do programa o alumnado recibe información, orientación e asesoramento laboral; formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego; sesións de adestramento profesional (coaching); formación en idiomas e novas tecnoloxías; formación específica para o emprego; prospección de ofertas laborais e tamén prácticas profesionais.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

Todas as accións formativas deste programa se desenvolven no Centro de Formación e Viveiro de Empresas do Concello de Boiro, situado en Espiñeira. Un centro que xa está a ser un referente comarcal en canto á formación para o emprego pois nel fórmanse ao ano unhas 400 persoas en distintos programas e accións acorde aos sectores produtivos da comarca. Ademais deste Programa Integrado estase a desenvolver no centro un Obradoiro de Emprego en forestal e carpintería; un Programa de Emprego de garantía xuvenil en sistemas microinformáticos; e accións formativas para desempregados en Cociña, Bar e Atención sociosanitaria.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas