O BNG analiza coa veciñanza a situación da sanidade no Barbanza

O BNG reuniu onte á veciñanza do Barbanza nun acto aberto en defensa da sanidade pública, celebrado ás 20.00 horas na sala da biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal. O encontro serviu para analizar a situación actual do sistema sanitario público galego na comarca e denunciar o seu progresivo desmantelamento. O acto foi aberto pola […] O BNG reuniu onte á veciñanza do Barbanza nun acto aberto en defensa da sanidade pública, celebrado ás 20.00 horas na sala da biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal. O encontro serviu para analizar a situación actual do sistema sanitario público galego na comarca e denunciar o seu progresivo desmantelamento. O acto foi aberto pola  

O BNG reuniu onte á veciñanza do Barbanza nun acto aberto en defensa da sanidade pública, celebrado ás 20.00 horas na sala da biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal. O encontro serviu para analizar a situación actual do sistema sanitario público galego na comarca e denunciar o seu progresivo desmantelamento.

O acto foi aberto pola portavoz do BNG na Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, quen realizou un percorrido pola realidade da sanidade galega, poñendo o foco no deterioro dos servizos públicos de saúde e nas consecuencias directas que as políticas do Partido Popular están a ter sobre a cidadanía. Durante a súa intervención, a concelleira nacionalista destacou especialmente a situación “anómala” do PAC da Pobra do Caramiñal, un servizo de urxencias que carece de atención en horario de tarde, obrigando a derivar os pacientes ao PAC de Ribeira. Esta circunstancia, segundo indicou, provoca unha saturación xeneralizada dos recursos sanitarios da contorna e pon en risco o dereito á atención sanitaria.

No encontro tamén participou Sandra Vicente, profesional sanitaria, que achegou un testemuño directo desde dentro do sistema. Vicente denunciou o malestar xeneralizado do persoal sanitario e asegurou que “as sanitarias estamos cansas desta situación tan precaria e deshumanizadora”, derivada da falta de recursos e da sobrecarga asistencial.

Pola súa banda, a deputada do BNG no Parlamento Galego, Rosana Pérez, subliñou a importancia da mobilización social como ferramenta clave para reverter a situación actual. Neste sentido, fixo un chamamento á cidadanía a participar nas protestas convocadas nos centros de saúde da comarca, afirmando que “é fundamental concienciarnos de que temos que mobilizarnos para mudar o rumbo de deterioro dun servizo público esencial como é a sanidade”.

Desde o BNG animan á veciñanza do Barbanza a asistir á manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, que terá lugar o vindeiro domingo 1 de febreiro en Compostela, co obxectivo de esixir un sistema sanitario público digno e de calidade.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas