O BNG apoia as demandas veciñais e pide médicos para Ribeira

O Bloque Nacionalista Galego compartiu un novo comunicado no que expresa o seu “total apoio” ás concentración convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, que se veñen producindo diante do Centro de Saúde de Ribeira. A veciñanza, como lembraremos, “denuncia a falta de persoal médico e as precarias condicións nas que os […] O Bloque Nacionalista Galego compartiu un novo comunicado no que expresa o seu “total apoio” ás concentración convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, que se veñen producindo diante do Centro de Saúde de Ribeira. A veciñanza, como lembraremos, “denuncia a falta de persoal médico e as precarias condicións nas que os  

O Bloque Nacionalista Galego compartiu un novo comunicado no que expresa o seu “total apoio” ás concentración convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, que se veñen producindo diante do Centro de Saúde de Ribeira. A veciñanza, como lembraremos, “denuncia a falta de persoal médico e as precarias condicións nas que os profesionais sanitarios desenvolven o seu traballo, situación que repercute negativamente na atención especializada e satura os servizos de urxencias”. O BNG, que se sumou ás reivindicacións dende o seu inicio, presentou a través da deputada da Pobra do Caramiñal, Rosana Pérez, unha serie de iniciativas no Parlamento de Galiza esixindo á Xunta que “cubra de inmediato todas as prazas de persoal médico en Ribeira e Aguiño, alertando do colapso do sistema sanitario na zona”.

Ademais, o BNG presentou emendas aos Orzamentos da Xunta para 2025, propoñendo “investimentos significativos para mellorar a sanidade na comarca, incluíndo a ampliación da área de hospitalización da Barbanza e a dotación dunha ambulancia medicalizada”.

Os nacionalistas sinalan tamén que “todas estas propostas foron rexeitadas polo Partido Popular”.

O responsábel local, Rafa Pazos, mostrouse convencido de que “a loita veciñal é fundamental para conseguir melloras tal e como pasou en Palmeira, Corrubedo e Aguiño. No BNG imos seguir a carón da xente para ter unha sanidade pública de calidade. O alcalde está cos veciños e imos traballar, nas institucións e na rúa, para garantir que a veciñanza de Ribeira e da comarca da Barbanza reciba a atención sanitaria que merece”.

Concentración do pasado xoves diante do Centro de Saúde de Ribeira

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas