O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mostrou este martes 4 de febreiro o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira, que na concentración celebrada no centro denunciou a paralización das obras do ascensor no edificio de Educación Infantil do centro, necesario para garantir a accesibilidade […] O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mostrou este martes 4 de febreiro o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira, que na concentración celebrada no centro denunciou a paralización das obras do ascensor no edificio de Educación Infantil do centro, necesario para garantir a accesibilidade  

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mostrou este martes 4 de febreiro o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira, que na concentración celebrada no centro denunciou a paralización das obras do ascensor no edificio de Educación Infantil do centro, necesario para garantir a accesibilidade do alumnado con mobilidade reducida, así como a reversión dos recortes de profesorado especialista.

Segundo a ANPA, tras anos de reclamacións, a instalación do ascensor “sufriu continuos atrasos”, comezando pola adxudicación inicial, que “quedou deserta por insuficiencia de orzamento” e, despois dunha reformulación, foi finalmente concedida cun prazo de execución de dous meses, antes de que rematase o 2024. A obra comezou na primeira semana de novembro, pero quedou novamente paralizada. Esta nova paralización, sinala a ANPA e reflicte o BNG, “deixou as aulas afectadas con tabiques de pladur provisionais e sen aseos, obrigando ao alumnado a utilizar un baño de obra no patio traseiro en pleno inverno”.

A ANPA esixe á Xunta “actuacións inmediatas para completar a instalación do ascensor sen máis dilacións”.

A concelleira nacionalista, Cruz Rivadulla, informou que o BNG “presentou emendas aos Orzamentos da Xunta para incluír unha partida económica que permitise facer unha renovación integral do colexio, que este curso celebra o seu 75º aniversario, mais o Partido Popular votou en contra desa actuación”. Lembrou tamén que actualmente o centro educativo precisa investimentos para melloras infraestruturais: arranxo do patio exterior, renovación da cuberta, mellora do illamento térmico, reparación da pista deportiva, substitución da escaleira traseira ou habilitar o edificio da antiga comisaría para acoller aulas.

Na concentración deste martes 4 de febreiro, impulsada pola ANPA e apoiada polo BNG, alén de reivindicar estas melloras, os pais e nais “esixiron a recuperación dos tres especialistas que atenden o alumnado con necesidades educativas especificas”.

Dende o BNG reclamaron “que a Consellaría de Educación aumente o persoal de Audición e Linguaxe así como o de Pedagoxía Terapéutica que foron reducidos respecto ao curso pasado”. Engadoiron que “é inaceptábel que cada ano se reduza profesorado e o alumnado padeza as consecuencias”.

Pola súa banda o alcalde, Luís Pérez Barral, tamén presente na concentración, asegurou que apoiará estas demandas e solicitará novamente que a Xunta inclúa a Ribeira no programa de reformas estruturais de colexios para garantir que os centros máis antigos teñan investimentos cos que mellorar a súa confortabilidade. Pérez Barral incidiu especialmente na demanda de “contar con profesorado especialista suficiente” e engadiu que “levamos anos vendo como se reduce o profesorado prexudicando o alumnado que ten necesidades educativas diagnosticadas, xa que non poderá ser atendido como precisa ao faltaren profesionais de audición e linguaxe (AL) e pedagoxía terapéutica (PT)”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas