O BNG, crítico coa remodelación do servizo de autobuses no Barbanza e en Rianxo

O BNG de Rianxo vén de emitir un comunicado relativo á nova remodelación do servizo de autobuses impulsada pola Xunta para o Barbanza, un proceso de renovación que está a xerar opinións encontradas xa que, sinalan, hai usuarios que “non atopan as melloras en mobilidades anunciadas polo Goberno galego”. Para o BNG, “o monopolio que […]
O artigo O BNG, crítico coa remodelación do servizo de autobuses no Barbanza e en Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza. O BNG de Rianxo vén de emitir un comunicado relativo á nova remodelación do servizo de autobuses impulsada pola Xunta para o Barbanza, un proceso de renovación que está a xerar opinións encontradas xa que, sinalan, hai usuarios que “non atopan as melloras en mobilidades anunciadas polo Goberno galego”. Para o BNG, “o monopolio que
O artigo O BNG, crítico coa remodelación do servizo de autobuses no Barbanza e en Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza.  

Vehículos da empresa Monbus nunha imaxe de Nós Diario

O BNG de Rianxo, a través do ex-alcalde Adolfo Muíños, vén de emitir un comunicado relativo á nova remodelación do servizo de autobuses impulsada pola Xunta para o Barbanza, un proceso de renovación que está a xerar opinións encontradas xa que, sinalan, hai usuarios que “non atopan as melloras en mobilidades anunciadas polo Goberno galego”. Para o BNG, “o monopolio que de facto creou a Xunta fai que esteamos ao albur da empresa única Monbus que deseñou a medida as súas ligazóns, consecuencia directa de terse eliminado calquera competencia e poñernos nas mans dunha única empresa”.

O BNG de Rianxo lembra que xa fixera as alegacións oportunas ao plan da Xunta “que non foron incorporadas”, alegacións para garantir o paso por Rianxo vila na parada de Setefogas, que, din, “fica agora mermada e desatendida, así como tamén unha redución considerábel das liñas que pasan polas parroquias de Rianxo dando este servizo”. E engaden: “Vemos que os recortes se prolongan até o propio Padrón e xerando moito malestar tamén nas terras de Iria”.

A agrupación sinala que as medidas de supresión abranguen tamén a coñecida como liñas dos hospitais na que subía o persoal traballador destes centros, a media dos horarios laborais, agora obrigando a ir rotonda de Te a coller o bus. Tamén din que se deixou “sen visualizar unha posíbel lanzadeira para levar aos viaxeiros desde Setefogas a Te, como se quixesen que fosen os concellos que compensen esta eiva”.

E engaden: “Nada se ten efectuado na rotonda de Te para que agora sirva como ese eixe de referencia que se quere vender, coa súa marquesiña demasiado pequena, con apenas espazo e problemas de desniveis nas aceiras e no asfalto”.

Critican pois que se “crease unha conexión que non achega nada a Rianxo e que se vende como beneficiosa como é a do Hospital do Barbanza cando a veciñanza sabe (e na Xunta deberían saber) que o noso hospital de referencia é o clínico de Santiago”.

Polo que se refire á conexión coa outra beira da ría e a provincia de Pontevedra, sinalan que “non se fixo nada para mellora, malia haber moitos estudantes do concello que non poden contar con servizo público”. O BNG tamén di que non hai facilidades para empregar a parada de tren máis próxima ao Barbanza e empregada por numerosas persoas da contorna: “Segue sendo imposíbel a conexión dos servizos de autobuses co tren”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas