O BNG de Boiro clama contra o exterminio do pobo palestino e le un manifesto pola xustiza

O BNG de Boiro organizou este venres 4 de xullo unha concentración en apoio ao pobo palestino. Celebrouse na rúa Peonil de Boiro, no centro da vila, e contou coa presenza de membros da agrupacións e cidadáns en xeral (de Boiro e de boa parte dos concellos da comarca), que xuntaron forzas para denunciar o […] O BNG de Boiro organizou este venres 4 de xullo unha concentración en apoio ao pobo palestino. Celebrouse na rúa Peonil de Boiro, no centro da vila, e contou coa presenza de membros da agrupacións e cidadáns en xeral (de Boiro e de boa parte dos concellos da comarca), que xuntaron forzas para denunciar o  

O BNG de Boiro organizou este venres 4 de xullo unha concentración en apoio ao pobo palestino. Celebrouse na rúa Peonil de Boiro, no centro da vila, e contou coa presenza de membros da agrupacións e cidadáns en xeral (de Boiro e de boa parte dos concellos da comarca), que xuntaron forzas para denunciar o xenocidio perpetrado polo Estado de Israel e para esixir o fin da ocupación, o cumprimento do dereito internacional e o xuízo dos responsables por crimes contra a humanidade. “Nun mundo que cala ante o horror, aquí berramos por xustiza”, sinalaron, engadindo que “a comarca da Barbanza demostrou que a solidariedade non entende de distancias”.

Na concentración compartiuse o seguinte manifesto pola liberdade de Palestina, pola xustiza e por conseguir que os crimes de Israel non fiquen na impunidade:

“Veciñas e veciños, compañeiras e compañeiros do BNG, hoxe estamos aquí en boiro, por dignidade e por
xustiza, para mostrar o apoio do pobo de Boiro ao pobo irmán de Palestina e berrar forte, todas e todos, que debe rematar o xenocidio que israel leva meses practicando de forma impune.

A nosa solidariedade, polo tanto, firme e sen descanso, coa Palestina e coa súa xente, e a condena enérxica aos ataques que vén sufrindo por parte dun Estado asasino, ao que xa non lle chega con matar con bombas senón que agora tamén pretende facelo de fame.

Resulta vergoñento ver como a mal chamada comunidade internacional ponse de perfil ou mesmo aplaude ao estado terrorista de Israel que sistematicamente vén violando os dereitos humanos e o dereito internacional, coa complicidade activa dos Estados Unidos e o silencio vergoñento da Unión Europea.

Mais unha vez o imperialismo facendo das súas.

Non podemos permanecer caladas ante o asasinato impune de máis de 50.000 persoas, moitas delas nenas e nenos cuxa única culpa e ter nacido na
súa terra e ao lado dun estado israelí cuxa única finalidade é aniquilalos e perpetuar a súa ocupación colonial.

Boiro e Galiza enteira non poden ficar calados, e é por iso esiximos que o xenocidio debe rematar e os seus responsábeis seren xulgados por crimes contra a humanidade.

Palestina vencerá!”

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas